Inicio Val Miñor Nigrán Preto de 400 nadadores participaron en Nigrán na X edición da Travesía...

Preto de 400 nadadores participaron en Nigrán na X edición da Travesía a nado Costa Serena marcada por un estrito protocolo anti-COVID

Preto de 400 nadadores participaron na X edición da Travesía a nado Costa Serena marcada por un estrito protocolo anti-COVIDPreto de 400 nadadores, con idades comprendidas entre os 5 e 71 anos, participaron hoxe domingo na competición celebrada en Praia América.

Martínez Novoa, cun tempo de 00:47:53, impúxose na X edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrou hoxe en Praia América (Nigrán) con preto de 400 nadadores. Miguel Martínez Novoa chegou a meta por diante de Marcos Vila Cid (00:49:12) e Lucas Costa Fernández (00:49:15). Na categoría feminina, a vencedora no percorrido de 4.000 metros foi a nadadora portuguesa Soraia Ribeiro, cun tempo de 00:56:13. En segunda posición chegou Cristina García Marín (01:01:09), completando o podio Mónica Incera Filgueira cun tempo de (01:01:12).
O percorrido de 4.000 metros, no que participaron preto de 200 nadadores, consistiu nun triángulo de 4 quilómetros con saída e chegada na canle central de embarcacións. Os nadadores bordearon a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,3 quilómetros de distancia, regresaron cara á costa polo lado sur da praia e percorreron o último quilómetro en paralelo ao areal.
Na proba de 2.700 metros, na que participaron 100 nadadores, o vencedor na categoría masculina foi Marcos Martínez Martínez (00:36:25), segundo foi Daniel Vicente Ferreira (00:38:06) e, terceiro, Diego Gutiérrez López (00:38:52) . Na categoría feminina impúxose Lucía Cal Fernández (00:38:06), por diante de Irene Rivadulla Mallo (00:42:31) e Iria Puime Santos (00:43:26).
No percorrido de 800 metros, con 70 participantes, gañou Gabriel Figueroa Fernández (00:11:05), seguido de Xoel Cubeiro Rosende (00:11:40) e Yago Vicente Ferreira (00:11:54). Na categoría feminina, gañou Silvia Martínez Novoa (00:11:45), superando a Paula Fariña Martínez (00:12:01) e Lucía Villarnovo Pazos (00:12:04). Esta proba disputouse en paralelo á costa e contou con preto de 100 participantes.
Preto de 400 nadadores participaron na X edición da Travesía a nado Costa Serena marcada por un estrito protocolo anti-COVID
A saída de 800 metros arrincou desde a canle principal de entrada e saída das embarcacións e a chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón. Tamén se celebraron dúas probas infantís de 50 e 150 metros moi preto da beira cunha participación de máis de 30 nenos.
No mar acompañaron aos nadadores diversas embarcacións de Protección Civil de Vigo e Val Miñor e Garda Civil do Mar, así como kayakistas do Club Marítimo de Panxón e pádel surf de Wetsports Ladeira A organización contou con máis 60 persoas para a montaxe e
avituallamiento da proba, coa colaboración da asociación Vodea.
Máis de 350 nadadores de 8 Comunidades Autónomas (Galicia, Asturias, Castela-León, Madrid, Andalucía, Valencia, Navarra e Cataluña) e unha importante representación de Portugal, con idades comprendidas entre os 5 e 71 anos, participaron este domingo na X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán.
Preto de 400 nadadores participaron na X edición da Travesía a nado Costa Serena marcada por un estrito protocolo anti-COVID
Esta edición estivo marcada por un estrito protocolo sanitario e o cumprimento das medidas de seguridade por parte dos participantes, que tiveron que levar máscara ata antes da saída e ao chegar a meta entregóuselles unha. Ademais, as saídas realizáronse de forma graduada cada 10 segundos e na chegada os nadadores tiveron que formar unha fila única, mantendo a distancia de seguridade en todo momento. Tanto a saída, como a meta e zona pódium estiveron balizadas para garantir a seguridade dos participantes. Antes de entrar na auga tomóuselles a temperatura a todos os nadadores.
Entrega de premios
Á entrega de premios, que tivo lugar en Praia América, asistiron o alcalde de Nigrán, Juan González; o Deputado provincial de Deportes, Gorka García; a concelleira de Educación do Concello de Nigrán, Marina Vidal; Iria Hernández Dasilva, en representación de ofíciana de Abanca en Nigrán, e Beatriz Alvariño, da organización da proba.
Nas probas de 800 e 2.700 metros entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na proba de 4.000 metros tamén se concederon trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina e, por primeira vez, premios en metálico (150 euros para os primeiros, 100 para os segundos e 80 para os terceiros). Ademais repartíronse medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías da proba reina.
Este ano, tamén como novidade, concedéronse premios especiais ao primeiro nigranés e nigranesa. Os nenos que participaron nos percorridos de 50 e 150 metros recibiron unha medalla. Tamén se entregaron trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies