spot_img
InicioVal MiñorNigránPreto de 2.000 persoas asisten á primeira xornada do festival ‘Solpor Monteferro’...

Preto de 2.000 persoas asisten á primeira xornada do festival ‘Solpor Monteferro’ de Nigrán

Preto de 2.000 persoas asisten á primeira xornada do festival ‘Solpor Monteferro’ de Nigrán‘Solpor’ vivíu onte a súa xornada máis multitudinaria ata agora no increíble miradoiro de Monteferro, confirmándose como un dos festivais máis singulares da provincia e que máis expectación xenera.

Preto de 2.000 persoas gozaron onte da primeira xornada de ‘Solpor Monteferro’, festival musical organizado polo Concello de Nigrán que se celebra neste increíble miradoiro á tardiña e que onte batíu records de asistencia dende a súa creación en 2017. O evento arrancou ás 20:30 coa cantante catalana María Yfeu e pechou co grupo local The Mirror. Nesta segunda xornada que pon fin ao terceiro Solpor será o turno de Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña). O Concello agarda que hoxe sexa unha xornada aínda máis multitudinaria ao tratarse de sábado e contar con tres bandas, entre ellas a do polifacético Manuel Manquiña. Este ano o festival conta coa colaboración de Cervezas Alhambra, que aposta por experiencias coma estas nas que se debe gozar con tódolos sentidos, comprendendo e aproveitando aquelo que se está a presenciar.

Gain Over (escuela de rock), fantásticos músicos que representan o gran talento local nigranés ao igual que Mondband con Mon Cancela ao fronte, estos últimos chegan con disco novo baixo o brazo e moitas ganas de presentar as súas magníficas cancións. Los Fabulosos Weekend está considerado un conxunto musical show, que non se limita a interpretacións musicais lineais traducindo libremente ao español ou galego éxitos anglosaxóns e propios, se non que ademáis o actor e cómico Manuel Manquiña encárgase de manter a atención e facer gozar ao público coas súas ocurrencias e entrega, estando arroupado por unha sobresaínte banda, poderosa en polifonía, especialidade non habitual nos grupos pop actuais.

‘Solpor’ congregou o ano pasado a máis de 3.000 persoas no increíble miradoiro de Monteferro, confirmándose dende a súa primeira edición nun dos festivais máis singulares da provincia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou sempre e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, o obxectivo é gozar da música ao aire libre e nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste lugar, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores”   permiten vivir experiencias musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Esta sublime localización e a indubidable calidade artística dos grupos participantes – case todos eles con raigame en Nigrán-  fan, sen dúbida, que a maxia do solpor tome unha nova dimensión en Monteferro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.