Inicio Pontevedra Preto de 2.000 nenas e nenos clausuraron en Vigo as DEPOrte Escolas...

Preto de 2.000 nenas e nenos clausuraron en Vigo as DEPOrte Escolas de Balonmán

Preto de 2.000 nenas e nenos clausuraron en Vigo as DEPOrte Escolas de BalonmánO evento, con 300 partidos na rúa Areal, pon o broche de ouro ao programa provincial, que tamén ofertou fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo, piragüismo e baloncesto

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, asistiu este domingo, xunto a máis de 2000 nenas e nenos, ao acto de clausura de “Balonmán na Rúa”, o macroevento deportivo que celebra o peche das DEPOrte Escolas de balonmán da institución provincial. Así, púxose o broche de ouro a este programa da Deputación, que tamén ofertou outras disciplinas deportivas como o fútbol, o taekwondo, a patinaxe, o judo, o rugby, o atletismo, o piragüismo e o baloncesto, e cuxas escolas tamén están clausuradas.

En Vigo volvéronse dar cita 2.000 nenos e nenas en representación de 144 clubs da provincia de Pontevedra. A competición, que comezou sobre as 11:00 horas, contou con equipos das seguintes categorías: 18 de prebenxamín mixto, 40 de benxamín mixto, 50 de alevín mixto, 19 de infantil masculino e 17 de infantil feminino. No torneo, que se desenvolveu na rúa do Areal da cidade olívica, xogáronse preto de 300 partidos. Tamén se organizou unha gala de entrega de premios na que a rapazada recibiu medallas conmemorativas pola súa participación no evento. Ademais do encontro deportivo propiamente dito, as rapazas e os rapaces que asistiron puideron gozar dunha zona de inchables e dun concerto musical.

Neste temporada das DEPOrte Escolas de Balonmán participaron cativos e cativas de 25 concellos da provincia: Bueu, Cangas, A Cañiza, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Oia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies