spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaPreséntase en Redondela 'A casa xunto ao volcán', obra gañadora do II...

Preséntase en Redondela ‘A casa xunto ao volcán’, obra gañadora do II Premio Viaductos de Novela

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolle o acto de presentación da novela ‘A casa xunto ao volcán’, de Xosé Ricardo Losada, gañadora do II Premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela.

No acto intervirán, amais do autor, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro e as integrantes do xurado, Dolores Villanueva e Ana. R Figueiredo, gañadora da primeira edición deste certame de novela coa súa obra ‘Os bicos feridos’.

Ao remate da presentación farase entrega ao público asistente, dun exemplar do libro asinado polo autor.

Xosé Ricardo Losada

Nado en Rianxo en 1961, é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), libro sobre a obra completa do crego poeta.

Resultado deses traballos de investigación, deu ao prelo a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015) e en 2018 Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.