spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero convocando ao...

Baiona conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero convocando ao colectivo escolar e á toda a veciñanza á formación dunha cadea humana

Baiona conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero convocando ao colectivo escolar e á toda a veciñanza á formación dunha cadea humanaEste evento está artellado dende a Concellería de Igualdade e o CIM e espera contar coa participación de máis de 1000 persoas.

Terá lugar na contorna do casco vello de Baiona, a actividade enmárcase na programación do Novembro Lila, e o obxectivo xeral é involucrar á toda a comunidade educativa, formando unha cadea humana que simbolice a unión de toda a comunidade educativa e a sociedade en xeral contra a violencia de xénero.

 Os obxectivos específicos son:

– Manifestar o rexeitamento contra a violencia de xénero e o apoio ás vítimas.

– Cultivar unha actitude cívica, solidaria e de corresponsabilidade cos asuntos públicos.

– Promover o diálogo e a reflexión en torno á sensibilización e prevención da violencia de xénero

– Fomentar la educación en valores

Para o desenvolvemento da actividade dende o Concello contan coa participación activa e as achegas de cada centro educativo, poñéndoas en valor por ser un área fundamental na procura dunha convivencia igualitaria e libre de discriminación.

Debido á previsión dunha afluencia masiva xa que está confirmada a asistencia de tódolos centros educativos do municipio, o Concello dispuxo un operativo de seguridade especial contando coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e ambulancia.

Salientar a especial colaboración do alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística do 1º de Marzo e o transporte a cargo de ATSA e Galisur, que colaboran gratuitamente sumándose a esta iniciativa.

Dende a Concellería de Igualdade animan á toda á veciñanza que se queira sumar a esta cadea a que se congregue na rúa Elduayen, diante do edificio de Capitanía Marítima á espera de instrucións para manter unha orde na organización.

A pesares de que as previsións climáticas son favorables de cara o luns, aprazarase o evento en caso de choiva.

Por outra banda ás 13:00h no Concello está prevista a inauguración da exposición dos debuxos realizados polo alumnado da ESO e Bacharelato dos centros educativos de Baiona presentados ao concurso de Debuxo e slogan en conmemoración do 25N, e daráse a coñecer os traballos premiados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.