Inicio Baixo Miño A Guarda Presentan en Tomiño “Parte de ti” unha campaña de apoio ao rural...

Presentan en Tomiño “Parte de ti” unha campaña de apoio ao rural baseada nas historias das produtoras e produtores transformadoras do rural

Presentan en Tomiño “Parte de ti” unha campaña de apoio ao rural baseada nas historias das produtoras e produtores transformadoras do rural
Protagonistas da campaña ‘Parte de ti’

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural presentou onte no mercado de Tomiño a súa campaña de sensibilización “Parte de ti”

O Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio.

Esta campaña parte do obxectivo do grupo de crear unha marca kilómetro cero para poñer en valor o produto local. Coa aparición do COVID e as súas consecuencias, percatáronse de que tiñan sectores que estaban sufrindo moito e iso levounos a preparar unha campaña de sensibilización que non se centre tanto no feito de mercar no comercio local, xa que este tema xa está a recibir un grande apoio polos concellos, senón que o apoio se dirixe aos produtores e produtoras transformadoras e comercializadoras do rural.

Desta forma nace “Parte de ti” unha campaña que trata de sensibilizar, concienciar e informar basándose nas historias das produtoras e produtores. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador. Poderanse visualizar estes vídeos na web http://partedeti.eurural.org e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) . Estas vías servirán tamén para lanzar unha convocatoria aos comerciantes que vendan produto do rural e queiran formar parte do GDR – que poderán lucir o distintivo “Parte de ti” na súa porta o u a través dun banner na súa plataforma de venda online – e aos produtores do rural que queiran unirse.

A campaña Parte de ti é froito do traballo e a implicación de moitas desas persoas anónimas que temos no rural. Persoas emprendedoras, idealistas, comprometidas, soñadoras, loitadoras… ás que lle queremos por nome, coñecelas e escoitar as súas historias” en palabras de Sandra González.

Ademáis, a través das redes sociais de Eurural, realizarase varios sorteos de experiencias no noso territorio, para que as persoas gañadoras poidan sentir o rural de primeira man, descubrir os nosos produtos e coñecer aos nosos protagonistas.

No acto de presentación estiveron presentes 9 alcaldes e 2 concelleiros dos 13 concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural)

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias dun dos produtores, José Manuel Fernández, de O Forno de Mosende, que ademáis interviu ofrecendo as súas verbas para poñerlle voz aos produtores e falar da situación do pan do Porriño.

“ Nós traballamos no rural e na cidade. Ás veces escoitas a clientes da cidade dicir como nos lembra este pan ao pan que comiamos no pobo, o que se facía con leña. Que tranquilidade e que vida tiñamos. Moitos deles vivirían no rural se tivesen oportunidade” en palabras de Jose Manuel Fernández

Asistiron á presentación: Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Daniel Boullosa, concelleiro de Redondela; David Alonso Bargiela, concelleiro de O Porriño; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, Cristina Correa, Alcaldesa de Oia; Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona; Paco Ferreira, alcalde de Gondomar; Juan González, alcalde de Nigrán. E Xaquín ÁlvareZ, produtor de Camelia; Salvador Martínez, produtor de Mirabel e Rosa Álvarez, produtora de rosquillas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies