spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPresentación na Guarda do Anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte...

Presentación na Guarda do Anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

langosta-volverá--protagonista-indiscutible-Festa-Langosta-Cociña-Mariñeira-A-GuardaEste xoves día 27 de febreiro ás 19:30h o local da Entidade Local Menor de Camposancos acolle a presentación do Anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega, un acto aberto a toda a cidadanía e que contará coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Español, e o técnico responsable da empresa que redactou este anteproxecto.

A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a Parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.

Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e  dado que  a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.

O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355(que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura, a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos.

- Publicidade -spot_img