spot_img
InicioCondado ParadantaO IES de Salvaterra de Miño acolle a mostra integradora da Deputación...

O IES de Salvaterra de Miño acolle a mostra integradora da Deputación “Sorrisos transformadores”

a-mostra-integradora-da-deputacion-de-pontevedra-sorrisos-transformadores-chega-a-gondomarA Deputación de Pontevedra e a asociación ARELAS promoven esta iniciativa na que lle dan visibilidade ao colectivo LGTBI amosando os diferentes obstáculos sociais aos que se enfrontan a diario as persoas trans

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (ARELAS) exhiben no concello de Salvaterra de Miño a exposición “Sorrisos transformadores”, o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A deputada de Centros Educativos, Noemí Outeda, visitará a mostra, que acollerá o 27 de febreiro unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. Palacios afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, achegará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir. A cita terá lugar ás 11:30 horas no salón de actos do centro. Esta exposición poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo e, unha vez finalice, trasladarase ao concello de Vigo.

Sorrisos transformadores” é unha mostra itinerante que xa percorreu varios concellos de Pontevedra e tamén algún que outro emprazamento fóra da provincia, coma Betanzos ou a Universidade de Santiago. A exposición consta de 10 fotografías de Noemí Chantada nas que aparecen retratadas persoas alegres e orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a persoa protagonista ou sobre o seu contorno. Entre as e os retratados inclúense personalidades con relevancia social, sexan ou non transexuais, pero todas relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que as axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de “Sorrisos transformadores” é a de, por unha banda, previr actitudes e comportamentos discriminatorios por razóns de orientación sexual ou identidade de xénero e, por outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalización das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

- Publicidade -spot_img