
O IES Pedras Rubias acolleu onte, ante o alumnado de 4º da ESO, a presentación do libro ‘Historia da educación en Salceda de Caselas’, editado por Xosé Ramón Paz Antón
Neste extraordinario traballo, o seu autor lévanos, seguindo a pauta marcada polo título do libro, nun percorrido pola histroria da educación en #Salceda, dende que en 1653 se creara a escola de fundación de Entenza, imos descubrindo o desenvolvemento da educación en Salceda de Caselas coas escolas de ferrado na segunda metade do século XVIII, a expansión da instrucción públia a partir de 1850 e os avances producidos no século vinte ata conseguir nas últimas décadas a maior eficiencia do sistema educativo local.




