O Lagar de Eiras foi o lugar elixido un ano máis para a presentar a Feira do Viño do Rosal que este ano celebra a súa 27ª edición, acto que serviu para presentar tamén a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal na que están enmarcadas prácticamente a totalidade de adegas da zona O Rosal.
Interviron a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e Erinque Costas Rodriguez como presidente da Asociación de Adegas do Rosal. Así mesmo, estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, e representantes das diferentes adegas e participantes na feira deste ano, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario.
Ánxela Fernández, informou sobre as diferentes actividades programadas e outros detalles. Destacando a importancia de ter o “viño como centralidade do evento e da capacidade de conectar con él distintos ámbitos, como os culturais e gastronómicos.”
Pola súa banda, Enrique Costas lembrou a creación o pasado ano da Asociación Adegas do Rosal, “coa vocación de preservar os valores de a Feira, entre outras cousas que desenvolveremos, na medida que todos entendemos que para crecer fóra, para abrir mercados, para ter identidade, é imprescindible ter as raíces onde naciches e onde creces.” Na mesma liña, Costas destacou que a Asociación empresarial nace co obxecto de representar ao sector vitivinícola das Rías Baixas nesta zona do Rosal e contribuir así á mellora da súa competitividade. E no que respecta á Cofradía, o presidente da Asociación explicou por que escolleron o nome de cabaqueiros. “Inspíranos, primeiro para preservar e recoller a esencia deses artesáns que nos séculos XVIII e XIX foron motor socioeconómico da zona, que foron quen de imprimirlle un selo único ao seu oficio, distinguirse e poñelo en valor e iso creo que é o escenario que debemos de buscar todos a excelencia e a diferenciación e tamén matizar que desde a Asociación poñer en valor que é o sector vitivinícol e concretamente a adegas con D.O.”

A Asociación Adegas do Rosal
A día de hoxe esta entidade asociativa se conforma polas nove adegas amparadas pola Denominación de Orixe Rías Baixas, que traballan xuntas por acadar estes obxectivos e contribuír así tamén ao desenvolvemento socioeconómico local.
Neste primeiro ano de traballo conxunto, se identificaron e definiron liñas de acción prioritarias que, desenvolvidas a curto prazo, promoveran un fortalecemento produtivo e unha mellora da profesionalización sectorial. En concreto, e conscientes da singularidade que lle repercute ao produtos vitivinícolas as cualidades da comarca e concretamente do municipio do Rosal, é que se pon en marcha a Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal.
Unha Confraría a través da que fundamentalmente se pretende facer honra á calidade do viño producido no Rosal e amparado baixo a Denominación de Orixe “Rías Baixas”, ligada ás peculiaridades do territorio: naturais, sociais, culturais e económicas.
E, como o propio nome desta entidade indica, a través da que se traballa por facer honra a esas persoas que durante moitos anos, foron quen de manter un sector tradicional e artesanal, representativo deste territorio: Os Cabaqueiros. Elaboradores artesanais de tella e ladrillo durante os séculos XVIII e XIX, foron quen de monopolizar a explotación deste oficio pola elevada destreza que adquiriron ao longo dos anos. Un oficio fortemente ligado ao municipio do Rosal, que lle imprimiu carácter e que contribuíu ao seu desenvolvemento socioeconómico.
Por último, a través desta Confraría se fará tamén honra do municipio do Rosal, do territorio, da peculiar xeografía e climatoloxía, dos seus produtos, da súa tradición e da súa xente e arraigo cultural. Como conclusión, a MISIÓN como confraría é exaltar a riqueza vitivinícola do viño Rosal, D.O. Rías Baixas, Subzona do Rosal e a tradición cabaqueira, a través de diferentes manifestacións artísticas, literarias, sociais, culturais, etc. Contribuíndo así ao incremento do coñecemento e da apreciación social local efora do territorio, destes elementos patrimoniais.
A VISIÓN é a de fortalecerse como entidade social vinculada ao recoñecemento do viño do Rosal, a través do crecemento tanto en número de cofrades, como diversificando accións e actividades que promovan interaccións dos axentes ligados a este sector e ao territorio.
E, xa por último, os valores sobre os que se articulan as accións desenvolvidas son: a calidade, o compromiso, a irmandade, a conserva do patrimonio e a responsabilidade.
O funcionamento desta Confraría, se articula segundo a seguinte estrutura:
Confrares fundadores:
As nove adegas que poñen en marcha e constitúen a Asociación Adegas do Rosal
- Terras Gauda
- Adegas Val Miñor
- Lagar de Pedregales
- Quinta de Couselo
- Adegas Novás
- Bodega Aforado
- Altos de Torona
- Lagar de Cervera
- Santiago Ruiz
– Confrares de honra: entidades ou persoas cun peso e unha traxectoria ligada ao ámbito sectorial vitivinícola, de gran notoriedade ou ben ligada ao desenvolvemento social, económico, cultural ou natural do territorio, ámbito de actuación. Estas entidades/persoas serán propostas para ser partícipes da Confraría, polos Confrares fundadores.
– Confrares: outras persoas e ou entidades que, se ben non teñen a relevancia dos anteriores, sí tamén contribuíron ou contribúen a día de hoxe ao desenvolvemento local e á mellora da competitividade sectorial. Así mesmo, estas persoas serán tamén propostas para ser partícipes da Confraría, polos propios Confrares fundadores.
Todos estes confrades terán dereito a ostentar a roupaxe e emblema propio desta entidade, tanto no acto propio de investidura, coma en cantos actos organice a Confraría, ou se asista en representación da mesma. Os emblemas propios desta confraría son un sombreiro estilo panamá, un broche de solapa e unha placa en bronce, todos eles co emblema ou imaxe da confraría.
A dinamización desta entidade pasa por levar a cabo accións asociativas nas seguintes liñas, có obxecto de contribuír a resalzar as singularidades dos viños do Rosal e a riqueza patrimonial e idiosincrasia do territorio:
_ Organizar e ou participar en manifestacións de todo tipo (artísticas, literarias, sociais, culturais, etc)
_ Manter relacións de irmandade con outras entidades similares de calquera ámbito territorial
_ Permitir e facilitar o ingreso na Confraría a cantos persoeiros o merezan, para fomentar o alcance dos obxectivos plantexados.




