Inicio Baixo Miño A Guarda Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como...

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o Covid-19

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o Covid-19O ente público procede ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Portonovo, Campelo, Aldán, Cangas, Meira, Cesantes, Arcade, Baiona e A Guarda

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a proceder nestes días á nova hixienización de edificios das lonxas na provincia de Pontevedra, como medida de prevención e reforzo da salubridade ante o COVID-19. Esta medida está a ser aplicada nas lonxas con maior actividade das tres provincias costeiras logo de ser consensuada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, cos presidentes das federacións provinciais de confrarías de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Nos día de onte e hoxe, o ente público está a realizar o baldeo exterior con lixivia diluída das fachadas e contornas das lonxas de Portonovo (Sanxenxo), Campelo (Poio), Aldán (Cangas), Meira (Moaña), Cesantes (Redondela), Arcade (Soutomaior), Baiona e A Guarda, para minimizar o risco de propagación do virus nestas instalacións. Deste xeito, preténdese maximizar as medidas de seguridade dos traballadores e usuarios portuarios que continúan a desenvolver actividades esenciais, como o subministro de produtos de alimentación.

Portos de Galicia está a realizar estas tarefas de xeito periódico desde o inicio da crise sanitaria en coordinación coas confrarías que así o solicitan e continuará a desenvolvelas nas vindeiras semanas. No caso da provincia de Pontevedra, xa foran hixienizadas tamén as contornas das lonxas do Grove, Bueu, Cambados, Carril (Vilagarcía), Vilaxoán (Vilagarcía), Vilanova e O Xufre (A Illa de Arousa).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies