Inicio Galicia En Galicia 126 deportistas de alto nivel benefícianse da prórroga de seis...

En Galicia 126 deportistas de alto nivel benefícianse da prórroga de seis meses do recoñecemento DGAN

En Galicia 126 deportistas de alto nivel benefícianse da prórroga de seis meses do recoñecemento DGANEsta prórroga será efectiva para os expedientes nos que se produza a perda da súa vixencia durante o ano 2020 e mantén a consideración de alto nivel así como os beneficios que para tal consideración se atribúan

Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de hoxe a resolución do 2 de abril de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se prorroga o recoñecemento de deportistas galegos e galegas de alto nivel. Esta prórroga será efectiva para os expedientes nos que se produza a perda da súa vixencia durante o ano 2020, ampliando a súa vixencia seis meses desde a data do vencemento. Deste xeito mantense a consideración de alto nivel así como os beneficios que para tal consideración se atribúan. En total, 126 deportistas galegos de alto nivel benefícianse desta medida sendo 74 homes, 52 mulleres e 2 deportistas con discapacidade.

A actual situación provocada polo COVID-19 obrigou á adopción de medidas temporais de carácter extraordinario para previr e conter o virus e mitigar o impacto sanitario, social e económico. No momento actual, toda actividade deportiva está suspendida, e esta afecta especialmente aos deportistas de alto nivel no que atinxe á tramitación de novas solicitudes para a prórroga do recoñecemento, así como da obtención dos méritos deportivos necesarios para este.

Con esta resolución, a Secretaría Xeral para o Deporte cumpre o trasladado ás 58 federacións deportivas no comunicado remitido o pasado 27 de marzo nunha serie de medidas encamiñadas a adoptar solucións que minimicen os prexuízos que o confinamento decretado tras a declaración do estado de alarma por mor do coronavirus poida ocasionar no desenvolvemento da actividade deportiva autonómica.

Cómpre lembrar que o enderezo electrónico (incidencias-federacions.deporte@xunta.gal) segue a funcionar para as consultas estritamente deportivas como consecuencia da situación de COVID-19.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies