spot_img
InicioVal MiñorNigránPortAmérica e o Nigranjazz os grandes eventos do mes de xullo en...

PortAmérica e o Nigranjazz os grandes eventos do mes de xullo en Nigrán

Nigrán - presentación programación de verán

Nigrán presenta unha programación estival, cheia de música, humor, gastronomía, deportes ao aire libre, rutas de sendeirismo ou actividades para os máis pequenos centran o calendario

O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto de medio centenar de actividades de lecer, cultura e deporte que se desenvolverán nas diferentes parroquias do municipio e que cubrirán practicamente todos os días da semana. Este calendario foi deseñado xunto coas asociacións culturais co obxectivo de unir forzas e non solapar nunca eventos.

Así, celebraranse desde festivais de música xa consolidados como PortAmérica (15 e 16 de xullo en Porto do Molle) e o Nigrán Jazz (29 e 30 de xullo), a rutas de sendeirismo, actuacións humorísticas, máis sesións de zumba e pilates na praia, humor, deporte, lecer para os pequenos… “En definitiva, trátase dun amplo abanico destinado a todos os públicos e todos os gustos e que terá continuidade en agosto”, resumiu a concelleira de Cultura, Ana Pérez.

A programación arrincou con clases de zumba ao aire libre xunto á Escola de Vela de Praia América e, ante o éxito do ano pasado, leva tamén á praia de Patos, onde se estrean tamén latino e box. Como todos os venres, o humor será o protagonista da noite, arrincando hoxe co Pai Merino e o próximo Roi Borrallas. Os domingos serán o día dos máis pequenos da casa, prevéndose sempre unha actividade para eles, nesta ocasión será o contacontos a cargo de Volvoreta e Voltereta ás 19,00 no Torreiro de Priegue.

O Instituto de Estudos Miñoranos súmase á programación con dúas rutas culturais, unha o venres 15 pola noite dedicada á Talasonimia, naufraxios e arte rupestre e o xoves 21 a Antonio Palacios e o regionalismo. Ademais, o Concello programa todos os mércores unha ruta diferente e os martes sendeirismo percorrendo o Río Muíños e xoves Monteferro.

No terreo da competición deportiva destaca o rugbi na praia o día 30 ou o campionato de birlos celta o 31.

Pero sen dúbida, se un evento coloca Nigrán no mapa nacional de festivais de verán ese é o PortAmérica, que desde o venres 15 ao sábado 16 reúne en Porto do Molle á mellor música independente do momento. Paralelamente, o broche de ouro á programación de xullo poñerao o Festival Nigrán Jazz o día 29 e 30, que este ano celebra a súa décima edición recuperando os dous días de programación e suma o Porto de Panxón ás súas localizacións, ademais de coincidir coa instalación de Food Trucks no Parque da Ramallosa (do xoves 28 ao domingo 31). A maiores, os domingos para partir do 10 celebrarase en Praia América o Festival de Ritmos de América, dedicado a Perú, Brasil ou Bolivia.

A programación a completa un mercadillo de artesanía en Praia América (Lourido) ou unha feira de antigüidades o día 25 na Alameda de San Campio; festas como a de Santiago e Santa Ana en Parada ou as da Virxe do Carmen en Praia América; actividades de maxia e humor, sardiñadas, rutas…

- Publicidade -spot_img