spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoPorriño volve a reivindicarse como capital galega do pan

Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan

Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan PorriñoPorriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.

Segundo as explicacións de Juana Pérez haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.

Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí. De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.
Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan PorriñoO domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais destacou a importancia da Feira para eles e lembrou que “segue en tramitación e gardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, manifestou.
Rematou a presentación a alcaldesa Eva García que alabou a importancia deste certame para reivindicar “unha das nosas señas de identidade que ven dende o século XVII, razón pola que desde hai catro anos este goberno municipal que presido colabora en impulsar esta Feira do Pan como forma de rescatar esa marca”.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.