Inicio Vigo e área O Porriño Porriño prepara circuitos sinalizados no paseo do río Louro para camiñantes e...

Porriño prepara circuitos sinalizados no paseo do río Louro para camiñantes e corredores

As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes prepararon nestes días circuitos sinalizados no paseo do Río Louro cara ao sábado 2 de maio con motivo da desescalada que permitirá saír a camiñar só ou en parella así como a correr de xeito individual.

O uso do Paseo do Río Louro, a partir deste sábado e ata novo aviso, estará prohibido para ciclistas e bikers por que a súa convivencia con corredores e camiñantes sería imposible dadas as medidas de hixiene social que haberá que observar.

Prohibido para ciclistas e bikers o uso do Paseo do Río Louro, a partir deste sábado e ata novo aviso

Os traballos de preparación incluiron desbroce e limpeza do paseo, sinalización dos circuítos que deberán empregarse así como recomendacións sobre o sentido da marcha e as distancias de seguridade.

AS CONCELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE E DEPORTES ESTÁN A PREPARAR O PASEO DO RÍO LOURO PARA CAMIÑANTES E CORREDORES, CARA A DESESCALADA. NON SE PERMITIRAN CICLISTAS.As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes están a preparar o paseo do Río Louro cara á desescalada que comezará esta a vindeira fin de semana co permiso dende o sábado 2 de maio para saír a camiñar só ou en parella así como a correr de xeito individual. O uso do Paseo do Río Louro, a partir deste sábado e ata novo aviso, estará prohibido para ciclistas e bikers por que a súa convivencia con corredores e camiñantes sería imposible dadas as medidas de hixiene social que haberá que observar. Os traballos de preparación inclúen desbroce e limpeza do paseo así como sinalización dos circuítos que deberán empregarse así como recomendacións sobre o sentido da marcha e as distancias de seguridade. No seguinte vídeo, os concelleiros Sergio Casal e David Alonso explican sobre o térreno os traballos que están a realizarse.

Publicada por Concello do Porriño en Miércoles, 29 de abril de 2020

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies