Inicio Baixo Miño A Mesa local do Camiño en Tui acorda realizar un traballo conxunto...

A Mesa local do Camiño en Tui acorda realizar un traballo conxunto de preparación dos novos escenarios post-confinamento

A Mesa local do Camiño en Tui acorda realizar un traballo conxunto de preparación dos novos escenarios post-confinamentoA Mesa Local do Camiño reuniuse onte de xeito telemático no Concello de Tui e acordou traballar conxuntamente na preparación dos novos escenarios post-confinamento

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, mantiveron un encontro cos representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. O obxectivo foi avaliar a situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago e a peregrinación, un sector estratéxico na localidade.

A reunión comezou coa valoración da situación actual na cidade por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, quen deu conta do reducido índice de contaxios rexistrados no municipio e das previsións de desaceleración económica. Por iso apuntou á necesidade dunha acción coordinada entras as administracións públicas e o sector privado e demais axentes implicados no Camiño de Santiago para superar esta situación de crise.

Das intervencións dos participantes pódese concluír a preocupación evidente pola situación e a incerteza sobre prazos e posible retorno progresivo á normalidade. Tamén coincidiron en sinalar a necesidade de ver nesta situación unha oportunidade para avanzar, pois a peregrinación se realiza ao aire libre, en contacto coa natureza, que son os espazos de primeira recuperación. Houbo unha coincidencia xeral sobre a necesidade de contar con protocolos sanitarios para lograr que os establecementos teñan garantida a seguridade para todos os clientes, así como de traballar nun mellor posicionamento de Tui nas redes sociais de cara á nova etapa post-covid19.

Tanto Enrique Cabaleiro como Laureno Alonso manifestaron a súa satisfacción por esta reunión pois permitiu coñecer de primeira man a situación deste sector e continuar o traballo que se impulsa a través da Mesa do Camiño de Santiago en Tui de cooperación entre os diversos sectores implicados. Un sector, o do Camiño Portugués, que todos confían en que rexurda e continúe aportando un importante pulo ao desenvolvemento local coma até o de agora. Neste obxectivo cóntase coa implicación de todos nun traballo conxunto de preparación dos novos escenarios post-confinamento.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies