spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoPorriño amplía a programación cultural para pasar a corentena

Porriño amplía a programación cultural para pasar a corentena

Porriño amplía a programación cultural para pasar a corentena A concellería de Cultura do Porriño renova a programación cultural incluíndo un xogo de coñecemento sobre o municipio e unha mostra colaborativa de vídeos.

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.

Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.

No que atinxe á mostra colaborativa de videos, apelase á participación cidadá. A Concellería de Cultura convida á veciñanza para que bote unha man a alixeirar este confinamento.

As regras e instruccións para poder participar e mandar os videos ao departamento de Cultura do Concello, explicanse na web www.cultura.net

Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”.

Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño  que é interactivo como coa mostra de video Amosa a túa corentena, mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán.

- Publicidade -spot_img