spot_img
InicioGaliciaA Cidade da Cultura lanza una visita virtual á exposición "Galicia, un...

A Cidade da Cultura lanza una visita virtual á exposición “Galicia, un relato no mundo” enriquecida con contidos extra

A Consellería de Cultura e Turismo lanza unha visita virtual a Galicia, un relato no mundo para achegar os seus contidos a todas as persoas que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura. A mostra, que estaba previsto manter aberta ata o 12 de abril, non recibe visitas desde o 13 de marzo, día no que a Xunta de Galicia declarou a emerxencia sanitaria, que supuxo o peche dos museos e outras instalacións como medida de precaución fronte o avance da pandemia. Nesa data, un total de 43.035 persoas achegáranse xa a Galicia, un relato no mundo, o que supón unha media de 426 visitantes ao día, cifra récord no rexistro do Museo Centro Gaiás. Pese a pecharse ao público un mes antes do programado, a mostra sitúase como a exposición coas mellores cifras de todas as programadas na Cidade da Cultura desde a súa inauguración e acredita o excepcional interese do público por afondar no coñecemento da historia de Galicia. A exposición obtivo tamén unha resposta excepcional entre os centros educativos, máis de seis mil alumnos de diferentes niveis –desde primaria ata aos estudos universitarios- participaron nas visitas didácticas organizadas polo Museo Centro Gaiás. Nestas semanas nas que o Museo permanece pechado, a Cidade da Cultura vén desenvolvendo actividades online aproveitando tamén os contidos da exposición, como o programa Aventura no monte das artes, retos didácticos dirixidos á cativada para convidala a desenvolver a súa habelencia creativa. Visita virtual Precisamente estes contidos online amplíanse agora co lanzamento dunha visita virtual a través da web cidadedacultura.gal. Unha ferramenta que ofrecerá a posibilidade de navegar desde o ordenador ou dispositivos móbiles entre as máis de trescentas pezas da exposición e seguir a descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho. Ademais, a visita virtual incorporará un ampla variedade de contidos extra para enriquecer a experiencia, como vídeos con explicacións por parte do comisario, Manuel Gago, ou dos técnicos do Servizo de Mediación. Devolución das obras A Fundación Cidade da Cultura, tras o peche do Museo Centro Gaiás, contactou con todas as institucións e coleccionistas privados que prestan obra para informarlles de que as medidas sanitarias derivadas do estado de alarma obrigaban a aprazar as devolucións. Do mesmo xeito, informou de que as pezas permanecerán en sala, vixiándose as condicións técnicas (temperatura, humidade…) e de seguridade para garantir a súa conservación nas mellores condicións. A Cidade da Cultura ampliou tamén o prazo do seguro ata o 30 de xuño, sen custe adicional para a Xunta de Galicia. En canto a situación o permita procederase a devolución de todas as obras seguindo un programa deseñado polo Departamento de Exposicións da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración con empresas especializadas no transporte de obras de arte. Cómpre lembrar a complexidade organizativa deste operativo nunha exposición na que cederon obra 60 institucións e 21 coleccionistas, tanto de Galicia e do resto de España como de Irlanda, o Reino Unido, Italia, o Vaticano, Portugal, a Arxentina, Cuba e o Uruguai. A Cidade da Cultura quere expresar o seu agradecemento ás institucións e coleccionistas pola súa comprensión e confianza ante as excepcionais circunstancias que se están a vivir, así como trasladar a súa solidariedade coa difícil situación coa que tamén moitas delas están a traballar nos seus propios países. A Consellería de Cultura e Turismo lanza unha visita virtual a Galicia, un relato no mundo para achegar os seus contidos a todas as persoas que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura.

A mostra, que estaba previsto manter aberta ata o 12 de abril, non recibe visitas desde o 13 de marzo, día no que a Xunta de Galicia declarou a emerxencia sanitaria, que supuxo o peche dos museos e outras instalacións como medida de precaución fronte o avance da pandemia.

Nesa data, un total de 43.035 persoas achegáranse xa a Galicia, un relato no mundo, o que supón unha media de 426 visitantes ao día, cifra récord no rexistro do Museo Centro Gaiás. Pese a pecharse ao público un mes antes do programado, a mostra sitúase como a exposición coas mellores cifras de todas as programadas na Cidade da Cultura desde a súa inauguración e acredita o excepcional interese do público por afondar no coñecemento da historia de Galicia.

A exposición obtivo tamén unha resposta excepcional entre os centros educativos, máis de seis mil alumnos de diferentes niveis –desde primaria ata aos estudos universitarios- participaron nas visitas didácticas organizadas polo Museo Centro Gaiás.

Nestas semanas nas que o Museo permanece pechado, a Cidade da Cultura vén desenvolvendo actividades online aproveitando tamén os contidos da exposición, como o programa Aventura no monte das artes, retos didácticos dirixidos á cativada para convidala a desenvolver a súa habelencia creativa.

Visita virtual

Precisamente estes contidos online amplíanse agora co lanzamento dunha visita virtual a través da web cidadedacultura.gal. Unha ferramenta que ofrecerá a posibilidade de navegar desde o ordenador ou dispositivos móbiles entre as máis de trescentas pezas da exposición e seguir a descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho.

Ademais, a visita virtual incorporará un ampla variedade de contidos extra para enriquecer a experiencia, como vídeos con explicacións por parte do comisario, Manuel Gago, ou dos técnicos do Servizo de Mediación.

Devolución das obras

A Fundación Cidade da Cultura, tras o peche do Museo Centro Gaiás, contactou con todas as institucións e coleccionistas privados que prestan obra para informarlles de que as medidas sanitarias derivadas do estado de alarma obrigaban a aprazar as devolucións.

Do mesmo xeito, informou de que as pezas permanecerán en sala, vixiándose as condicións técnicas (temperatura, humidade…) e de seguridade para garantir a súa conservación nas mellores condicións. A Cidade da Cultura ampliou tamén o prazo do seguro ata o 30 de xuño, sen custe adicional para a Xunta de Galicia.

En canto a situación o permita procederase a devolución de todas as obras seguindo un programa deseñado polo Departamento de Exposicións da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración con empresas especializadas no transporte de obras de arte.

Cómpre lembrar a complexidade organizativa deste operativo nunha exposición na que cederon obra 60 institucións e 21 coleccionistas, tanto de Galicia e do resto de España como de Irlanda, o Reino Unido, Italia, o Vaticano, Portugal, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.

A Cidade da Cultura quere expresar o seu agradecemento ás institucións e coleccionistas pola súa comprensión e confianza ante as excepcionais circunstancias que se están a vivir, así como trasladar a súa solidariedade coa difícil situación coa que tamén moitas delas están a traballar nos seus propios países.

- Publicidade -spot_img