Inicio Pontevedra Pontevedra súmase ó Día Mundial da Síndrome de Down

Pontevedra súmase ó Día Mundial da Síndrome de Down

pontevedra-sumase-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down

A fachada do Pazo Provincial está xa decorada con globos azuis e amarelos e, esta noite, tinguirase de azul para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down

A Deputación de Pontevedra como representante dos concellos da provincia, sumouse hoxe, 21 de marzo, ó Día Mundial da Síndrome de Down, declarado por Nacións Unidas en novembro de 2011 como símbolo da trisomía do cromosoma 21 que se traduce na Síndrome de Down. Para elo, a fachada do Pazo Provincial da institución está decorada xa con globos azuis e amarelos e, esta noite, tinguirase de azul.

Na súa intervención a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou esta ocasión para destacar a necesidade de visibilizar a Síndrome de Down entre a opinión pública así como reivindicar o papel das persoas que conforman este colectivo como cidadáns con dereito a unha vida en igualdade de condicións e oportunidades que o resto da sociedade.

Amais, tamén hoxe con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, a deputada delegada de cohesión social e xuventude, Digna Rosa Rivas, mantivo unha reunión coa Asociación de Síndrome de Down Xuntos Pontevedra. Neste encontro, a deputada amosou a total colaboración  da Deputación de Pontevedra para que a sociedade teña coñecemento do traballo que Down Xuntos leva a cabo para impulsar actuacións que melloren a condición de vida das persoas coa Síndrome de Down.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies