spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedra presenta en FITUR a oferta turística das Rías Baixas a 150...

Pontevedra presenta en FITUR a oferta turística das Rías Baixas a 150 operadores turísticos e axencias de viaxes de todo o mundo

Rafael-Louzán-presenta-FITUR-oferta-turística-Rías-Baixas-150-operadores-turísticos-axencias-viaxesO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presidiu onte, no hotel Eurostars Towers de Madrid, o acto de presentación da oferta turística das Rías Baixas a 150 operadores turísticos e representantes de axencias de viaxes. O acto realízase con motivo da participación de Turismo Rías Baixas na Feira Internacional de Turismo, FITUR, que ten lugar en Madrid ata o domingo.

FITUR é o punto de encontro global para os profesionais do turismo e a feira líder para os mercados receptivos e emisores. Nesta edición están presentes 9.083 empresas expositoras de 165 países, 120.231 participantes profesionais e 97.549 persoas de público non profesional. En FITUR están acreditados 7.368 xornalistas procedentes de 60 países, o que evidencia a súa importancia no círculo internacional de feiras do sector.

Encontros no Día de Galicia

Onte foi o Día de Galicia, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para presentar a oferta turística galega no stand de Turgalicia.

Premios Excelencias 2014 do Grupo Editorial do mesmo nome, para os que Turismo Rías Baixas é un dos organismos finalistas (www.GrupoExcelencias.com, www.CaribbeanNewsDigital.com,www.ExcelenciasGourmet.com). Un xurado formado por 9 personalidades de diferentes países do mundo do turismo e a gastronomía elixirá os premiados

Técnicos e responsables de Turismo Rías Baixas mantiveron diversos encontros profesionais. Un deles foi con representantes de Google New Business Development, cos que se pretende pechar un acordo para a plataforma turística das Rías Baixas, que permitirá mellorar o posicionamento do portal e acceder a novos mercados de xeito sinxelo e directo.

Outra das xuntanzas de traballo foi con Neoturismo, empresa de gamificación que promove a oferta das Rías Baixas mediante xogos; e unha terceira tivo lugar con Destinia, un dos máis importantes portais de turismo cos que se pretende redireccionar o portal de Turismo Rías Baixas para mellorar o seu posicionamento e contribuír a unha mellor difusión do destino.

Vendas e presentacións

Á marxe destas xuntanzas profesionais puntuais, técnicos de Turismo Rías Baixas, profesionais e representantes de empresas do sector turístico provincial pechan procesos de venda con todas as canles de distribución presentes en Fitur; realizan contactos comerciais con clientes actuais e potenciais para explotar verticalmente a canle de distribución e a venda cruzada, presentar novidades e estratexias de destino e recuperar ou incrementar clientes.

Outras das funcións da delegación de Rías Baixas desprazada a FITUR son identificar e captar novos socios e distribuidores de todo o mundo, dar cobertura e atender a actuais clientes e provedores, desenvolver novos mercados,  testar novos produtos das Rías Baixas e realizar presentacións no apartado que o organismo da Deputación ten no stand xenérico de Turgalicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.