spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas reivindícase como capital da música tradicional galega cunha nova edición do...

Ponteareas reivindícase como capital da música tradicional galega cunha nova edición do Concurso de Gaitas do País

O Concello convoca a 55 edición do Concurso de Gaitas do País para promover e difundir a música tradicional galega

Revista COUSAS DE nº14

Os grupos participantes poderán mostrar os seus traballos o próximo sábado 17 de setembro

No seu afán por promover e difundir a música tradicional galega, o Concello de Ponteareas convoca para o vindeiro sábado 17 de setembro de 2022 a LV EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.

Os grupos participantes tocarán en directo na sala multiusos do Concello de Ponteareas, e ademais, cos seus traxes tradicionais completos, percorrerán as rúas da contorna coas súas melodías. Durante estes pases o xurado decidirá os gañadores dos catro premios que reparte o concurso, o primeiro recibirá 1.800 euros, o segundo 1.200, o terceiro 900, e o cuarto 600. Ademais, cada grupo participante, agás os gañadores, percibirá unha gratificación de 300 euros. Pola súa banda, a fundación Artesanía de Galicia, obsequiará aos gañadores do primeiro premio cunha gaita tradicional galega e un tamboril.

O grupo gañador comprométese a interpretar cinco pezas ao inicio do concerto folk que terá lugar ao remate do concurso

O Concello organiza este concurso co obxectivo de promover e difundir a música tradicional galega. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, amosa  “o evento converteuse xa nunha cita imprescindíbel tanto para o público como para os grupos porque é unha xornada moi emotiva e coa que dinamizamos o folclore galego”.

Para participar no concurso os grupos que o desexen deben realizar a inscrición no Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas a través da sede electrónica ou a través de calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), de balde.

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 9 de setembro de 2022. Máis información na páxina web do Concello.

- Publicidade -spot_img