Inicio O Condado Ponteareas pon en marcha nas redes sociais unha campaña de apoio ao...

Ponteareas pon en marcha nas redes sociais unha campaña de apoio ao comercio e hostalaría local

Ponteareas pon en marcha nas redes sociais unha campaña de apoio ao comercio e hostalaría localAs primeiras iniciativas consisten nun concurso de creatividade con 10.000 euros en premios-vales de compra e un directorio de establecementos abertos durante o estado de alarma

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, puxo en marcha nas redes sociais Instagram e Facebook unha campaña baixo o hastag #FaiPonteConNós para apoiar ao comercio e hostalaría local durante o estado de alarma e na fase seguinte de recuperación.

As primeiras iniciativas van dirixidas a incentivar o consumo no comercio e hostelaría da localidade. Por unha banda, creouse un directorio de actividades en funcionamento durante o estado de alarma, onde se detallan os servizos e produtos que se ofrecen, se o establecemento conta con entrega a domicilio, etc. Conforme se produza a desescalada da pandemia e outros establecementos poidan abrir a listaxe irase actualizando. Para figurar neste directorio os establecementos interesados deben solicitalo á concellaría a través do correo promocioneconomica@ponteareas.gal ou no teléfono 673855422

Ao mesmo tempo, a concellaría de Promoción Económica convocou o concurso “EU CREO NA CASA”, para dar a coñecer e premiar a creatividade da veciñanza durante o período de confinamento e, ao mesmo tempo, apoiar ao comercio e hostelaría local na súa recuperación económica.

No concurso establécense 12 categorías: artes plásticas, fotografía, conto infantil, relato, poesía, cómic, artes escénicas, xogos, cociña e receitas. As persoas participantes poden concursar en todas elas.  As creacións poderán ser compartidas  desde o martes 28 até a finalización do estado de alarma e débense plasmar en textos, vídeos e fotografías, figurando neles de forma visible o hashtag #FaiPonteConNós. Outorgaranse dous premios de 50 euros por cada categoría para os participantes que obteñan maior número de “gústame”. O resto de concursantes participarán nun sorteo de 440 vales de 20 euros. Deste xeito os premios ascenden a un importe total de 10.000 euros que se traducirán en ingresos para o comercio e hostelaría local por ese importe, ademais dun incentivo para un maior consumo nese sector.

As bases completas do concurso e sorteos poden consultarse na páxina web do concello www.ponteareas.gal e nas redes sociais da concellería de Promoción Económica. Os vales só poderán ser empregados nos establecementos hostaleiros e comerciais, incluidos os postos do Mercado Municipal, que se adhiran a esta iniciativa incribíndose a través do correo eléctronico promocioneconomica@ponteareas.gal ou no teléfono 673855422. O prazo de inscrición rematará cando conclúa o estado de alarma.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, adianta que haberá máis medidas e iniciativas municipais para apoiar ao sector comercial e hostaleiro de Ponteareas e axudalo a superar esta grave crise.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies