spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas pon en marcha na parroquia de Arcos a primeira experiencia de...

Ponteareas pon en marcha na parroquia de Arcos a primeira experiencia de compostaxe individual do municipio

Ponteareas pon en marcha na parroquia de Arcos a primeira experiencia de compostaxe individual do municipioA concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, e o concelleiro do Medio Rural, Roberto Mera, xunto a varios técnicos, presentaron na parroquia de Arcos o programa de compostaxe individual que se acaba de implantar nesta parroquia ponteareán, no marco do programa Revitaliza impulsado e financiado pola Deputación.

Na presentación, Rosa Covelo salientou que unha das liñas estratéxicas a traballar nestes catro anos é a mellora na xestión dos residuos eliminando, por exemplo, toda a materia orgánica que remata no colector verde, reducindo así a contaminación dese lixo que xestiona Sogama. Isto aforrará custos económicos na recollida e tratamento dos residuos e convertirá a materia orgánica en algo útil mediante a súa transformación en abono de calidade.

Durante varios meses os técnicos, acompañdos de representantes veciñais, visitaron todas as vivendas da parroquia acadando o compromiso do 95% dos veciños e veciñas para participar nesta experiencia pioneira en Ponteareas e que se prevé estender durante os vindeiros anos ao resto do rural do concello. Arcos, con preto de 500 habitantes, foi a parroquia escollida porque se axusta en poboación e vivendas aos composteiros individuais entregados pola Deputación e, sobre todo, porque conta cun tecido asociativo moi amplo, activo, organizado e concienciado no respecto ao medioambiente xa que desde hai anos a parroquia realiza actividades de voluntariado medioambiental como a vixilancia dos montes para previr incendios, a eliminación de invasoras como as acacias ou a eliminación dos vertedoiros incontrolados.

Os técnicos explicaron aos asistentes como se monta o composteiro individual e de que forma debe usarse correctamente. Os residuos orgánicos supoñen o 42% do lixo que se produce nun fogar e que, en lugar de rematar nun colector, pode converterse en abono a través dun proceso moi sinxelo que agora a veciñanza poderá realizar na súa casa.

Tras esta primeira reunión na que as persoas participantes recolleron os seus composteiros, os técnicos farán durante o ano 2020 dúas visitas a todas as vivendas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.