Inicio O Condado O Museo do Viño do Condado presenta unha ampla e variada oferta...

O Museo do Viño do Condado presenta unha ampla e variada oferta de cursos e experiencias para 2020

O Museo do Viño do Condado presenta unha ampla e variada oferta de cursos e experiencias para 2020Dende que se abriu o ano pasado no mes de marzo, o Museo do Viño do Condado está sendo un referente en toda a comunidade. As máis de 3.000 persoas que nos visitaron neste primeiros meses de andadura coinciden en destacar a gran calidade do museo, pero sobre todo a súa interactividade.

Nestes primeiros meses dende o Conxunto museolóxico lévanse impartido diferentes charlas e cursos cun gran éxito de participación, ademais está sendo utilizado polo sector profesional como referente nas visitas nacionais e internacionais utilizándoo como unha ferramenta fundamental na promoción do noso sector vitivinícola;  e nesa liña séguese traballando, xa que tanto dende o Concello como dende a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos creen que é necesario que este museo sexa un museo vivo, que ademais da exposición fixa oferte aos usuarios outras opcións e alternativas vinculadas co propio sector, e é así como nace este programa de actividades para o ano 2020.

O Concello e a Cofradía, presentaron conxuntamente no Museo do Viño a ampla e variada de Cursos formativos para o ano 2020, un proxecto ambicioso e pioneiro en canto a volume de actividades programadas durante todo o ano que van dende un curso de iniciación á cultura do Viño, onde se busca , sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguir entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo; cursos sobre os grandes clásicos: España, Francia, Italia e Portugal onde se fará unha viaxe fantástica polas paisaxes, sabores e culturas destes países; ofertarase tamén un curso sobre as 9 grandes, as variedades de uva que conquistan o mundo, variedades que calquera afeccionado ao viño escoitou algunha vez: cabernet sauvignon, chardonnay, shyarah.. Neste curso coñeceremos as súas características fundamentais, os diferentes estilos de viños que producen ao largo e ancho do planeta e aprenderemos a diferencialos e aprecialos.O Museo do Viño do Condado presenta unha ampla e variada oferta de cursos e experiencias para 2020

A parte formativa remata coa impartición da Certificación WSET: Cualificación de Nivel 2 en viños. WSET é unha organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse na referencia internacional na formación do viño.

Como parte novidosa dende a organización ofértanse  nove experiencias en adegas baixo o lema “DA CEPA A COPA” que implicarán as adegas e aos profesionais na impartición de clases prácticas na produción e formación en espaldeira e outros sistemas, en enxertos, en mantemento do chan e laboreos, no manexo de vexetación e poda en verde, nas enfermidades e pragas da viña, no aclareo de acios e destetado e desfollado, no  seguimento de maduración e toma de mostras, na vendima e elaboración de viños brancos e tintos e no seguimento das distintas elaboracións. Experiencias que rematarán cunha cata de viños das adegas visitadas.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies