spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas entrega os premios da III edición do Concurso de poemas ilustrados...

Ponteareas entrega os premios da III edición do Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro

Ponteareas entrega os premios da III edición do Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de CastroO xurado do III concurso de poemas ilustrados “Día Rosalía de Castro” reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, para escoller os mellores traballos.

O concurso, que pretende ser unha das actividades principais para homenaxear figura e obra da nosa escritora nacional máis importante, recolleu, nesta edición, case medio cento de traballos realizados por alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros: CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Feliciano Barrera de Guláns, CEIP de Santiago de Oliveira, Colexio Plurilingüe A Inmaculada e o Colexio Santiago Apóstol.

As persoas que conformaron o dito tribunal foron Hortensia Bautista Fernández, mestra e escritora; Alfonso Pexeguiro, escritor e poeta; Fernando Groba Bouza, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas; e Sofía Rodríguez Suárez, traballadora do Departamento de Cultura, que actuou como secretaria.

Os xurados valoraron os traballos con criterios de orixinalidade, relación entre o poema presentado e o deseño, a composición, a técnica empregada, o uso e calidade da lingua galega, entre outros aspectos.

Os membros do xurado destacaron a alta participación e a destacábel calidade dos deseños e  decidiron outorgar os seguintes premios:

  • 1º Premio para o traballo titulado “Soños”, presentado por Daniela Otero Rial
  • 2º Premio, a obra realizada por Leire Porto Rodríguez
  • 3º Premio para o traballo titulado “Néboa” presentado por Claudia García Martínez
  • 4º Premio para a obra “A tristura da lúa”, da autora Ana Díaz Martínez

Amais, ante dificultade de deixar dous traballos máis sen premiar, decidiron conceder dous accésits:

  • O traballo colectivo titulado “A fermosa estrela”, realizado polo curso de 6º B do CEIP Fermín Bouza Brey
  • E o caligrama en forma de paxaro da autora Ángela Boente Laso

A entrega de premios realizouse o venres, día 26 de febreiro, ás 18 horas diante do Concello de Ponteareas.

“Queremos agradecerlles aos centros participantes e ao seu profesorado a súa implicación neste concurso e animalos a seguir traballando en prol da defensa da nosa cultura e lingua”, sinala Fernando Groba, concelleiro de Cultura.

- Publicidade -spot_img