spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas celebra con 29 alfombras de flores o seu primeiro Corpus tras...

Ponteareas celebra con 29 alfombras de flores o seu primeiro Corpus tras a súa declaración como Ben de Interese Cultural

ponteareas-celebra-con-29-alfombras-de-flores-o-seu-primeiro-corpus-tras-a-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural
A procesión, posterior á misa solemne cantada, transcorreu sobre 1’5 quilómetros de alfombras florais elaboradas durante a noite por veciñas e veciños

As rúas de Ponteareas volveron un ano máis a cubrirse de alfombras de flores para honrar ao Corpus Christi que procesionou sobre elas.

Revista Cousas de nº21

Neste primeiro ano logo da súa declaración como Ben de Interese Cultural no apartado de patrimonio Inmaterial, o número de alfombras situouse nun total de 29, cubrindo máis de 800 metros lineales e preto de 4.500 metros cadrados de rúas e prazas da vila.

A cita anual con esta Festa de Interese Turístico Internacional deu comezo na tarde do día anterior co debuxo dos deseños das alfombras e posterior perfilado para rematar case 12 horas despois, logo de toda a noite e xa de madrugada, coas rúas cubertas de flores, nun labor no que participan persoas de todas as idades.

ponteareas-celebra-con-29-alfombras-de-flores-o-seu-primeiro-corpus-tras-a-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural

Os actos oficiais da xornada deron comezo coa recepción de autoridades na casa do Concello e posterior misa solemne cantada. Unha vez rematada e xa no exterior, a alcaldesa Nava Castro e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiron a partitura orixinal da Marcha Procesional de Corpus Christi de Ponteareas, composta ex profeso por Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que interpretou a peza coa que deu inicio a procesión.

A Custodia do Corpus Christi percorreu preto de 1’5 quilómetros polas rúas e prazas tapizadas con alfombras florais de vistosos deseños, acompañada pola Banda Cristo de la Victoria de León, e con parada nos cinco altares dispostos ao longo do percorrido. Ao seu paso, a Custodia foi recibida coa tradicional chuvia de pétalos de flores desde os balcóns.

ponteareas-celebra-con-29-alfombras-de-flores-o-seu-primeiro-corpus-tras-a-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural

Este ano estiveron presentes delegacións doutras localidades con tradición similar e que elaboraron as súas alfombras como é o caso de La Orotava, cidade irmandada con Ponteareas desde 1983 e que acode á cita desde vai xa 40 anos. Tamén as cidades portuguesas de Monçao, Viana do Castelo e Caminha, ás que se uniu a alemana de Offenburg- Bohlsbach, na súa primeira visita.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego. 

Os actos na honra do Corpus Christi rematarán mañá luns coa misa na honra das persoas alfombristas falecidas e sufraxio por Lorenzo Olarte, ponteareán que foi presidente de Canarias entre 1988 e 1991 e finado o pasado mes de febreiro e posterior ofrenda floral. A cita final será a entrega das medallas de Corpus Christi no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo aderezado polo concerto de Amancio Prada.

- Publicidade -spot_img