spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs rúas da Guarda encheranse de cor esta fin de semana coas...

As rúas da Guarda encheranse de cor esta fin de semana coas Alfombras Florais

Milleiros de persoas visitaron A Guarda esta fin de semana para gozar das tradicionais Alfombras floraisEsta fin de semana chega unha cita gran tradición na Guarda, as alfombras florais da Festa do Santísimo

Revista Cousas de nº21

Dende hai unhas semanas veciños da Guarda están traballando nos preparativos das alfombras florais, recollendo os materiais vexetais e flores e picando grandes cantidades que van acumulando en caixas. Comezarán coa elaboración das alfombras florais este sábado pola noite e continuarán durante a madrugada.

Os veciños están agrupados por tramos de rúa e as diferentes xeracións das familias traballan para continuar con esta tradición. A noite do sábado é moi especial para os nenos que se esforzan colocando os perfís dos debuxos ou colocando pétalos ou flores con moita paciencia. É importante que os rapaces participen na elaboración para desta maneira que a tradición continúe. Hai uns anos os responsables de cada tramo organizáronse e crearon a Asociación Cultural Alfombras da Guarda para por en valor esta tradicional festa.

A medida que avance a noite os deseños secretos de cada tramo de alfombras irase desvelando. Dende a mañá do domingo poderanse contemplar as alfombras decorativas rematadas incluída a alfombra de sal tinguida de cores, que dende hai décadas sorprende cos detalle dos seus deseños.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A praza do Reló, as rúas Oliva e Hernán Cortes, Praza de Jose María Lomba, rúa Malteses e Concepción Arenal é percorrido das alfombras florais. Ás 18:00 celebrase a Misa en honra ao Santísimo e despois a Procesión, momento de especial emoción para todos os integrantes da Asociación e veciños da Guarda.

- Publicidade -spot_img