spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPonte CaldelasPonte Caldelas pon en valor as Casas Indianas

Ponte Caldelas pon en valor as Casas Indianas

Ponte Caldelas pon en valor as Casas IndianasCrea unha ruta polas cinco vivendas con especial protección no casco urbán a través dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra

O Concello de Ponte Caldelas segue traballando en prol da recuperación da historia da vila e nesta ocasión faino coa posta en valor das Casas Indianas a través dun proxecto financiado con cargo á ‘Subvención para a rehabilitación e sinalizaición do patrimonio histórico e cultural do ano 2020’ da Deputación de Pontevedra. Na primeira fase do proxecto, sinalizáronse cinco vivendas con especial protección: a Casa de Clotilde Fernández; a Casa de Dolores Méndez; Casa de Carmen Couto Cal; Casa da Rúa López Boullosa; e a Casa de Manuel Rodríguez. Todas son de estilo arquitectónico indiano e foron sinalizadas cuns paneis de aceiro inoxidable e recubrimento vinílico con deseño exclusivo nas que se fai unha descripción arquitectónica e estilística da vivenda que, a través dun código qr, se pode ler en tres idiomas diferentes.

Nesta primeira fase do proxecto colocáronse dous atriles e tres placas informativas nas que se fai unha descripción arquitectónica sobre as mesmas que pode lerse en tres idiomas a través dun código qr

Todos os paneis conteñen unha ilustración de cada unha das vivendas e unha referencia literaria sobre a arquitectura indiana que tan representativa é no concello de Ponte Caldelas. Esta é a primeira fase deste proxecto de sinalización e valorización das casas indianas e está previsto que o vindeiro ano se continúe visibilizando este tipo de arquitectura a través das Casas Indianas, seguindo coas do casco urbán e do rural, sendo Ponte Caldelas un dos concellos máis representativos de Galicia nesta arquitectura tan espectacular.

Ponte Caldelas pon en valor as Casas Indianas
Ponte Caldelas pon en valor as Casas Indianas

O proxecto foi levado a cabo polo arqueólogo Alberte Reboreda, que destaca a boa conservación destas vivendas singulares e a importancia do concello de Ponte Caldelas en canto a arquitectura indiana se refire. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explica que esta é a primeira fase dun proxecto que quere “dar a coñecer a importancia do patrimonio arquitectónico que temos en Ponte Caldelas, onde as Casas Indianas son un símbolo tanto no casco urbán como no rural”.

- Publicidade -spot_img