spot_img
InicioBaixo MiñoPonse en marcha 'QueroTui' un proxecto que pon en valor o local...

Ponse en marcha ‘QueroTui’ un proxecto que pon en valor o local dende o local

Ás doce deste mediodía presentouse a través das redes sociais o proxecto “Quero Tui” que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso. A través de redes sociais propias en Facebook e Instagram Quero Tui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. O comercio, a hostalería, o mercado semanal, os produtores locais serán o eixo de parte das accións previstas. Amais persoas relevantes da vida social, cultura e económica de Tui súmanse a esta campaña amosando o seu apoio. Tamén se aposta pola formación coma unha das claves para afrontar os retos de futuro. A concelleira Comercio, Ana Núñez, explica que o proxecto QUEROTUI “ten como finalidade converterse nunha marca de referencia que dea visibilidade ao noso comercio local en xeral, pondo en valor os produtos vendidos ou fabricados na nosa cidade, pola nosa xente”. Engade a concelleira que “é un proxecto de tod@s para tod@s porque é xuntos como temos que continuar resistindo”. Indica que “os e as tudenses fomos exemplares na xestión desta pandemia, un orgullo desta cidade e agora volveremos a selo para recuperarnos entre todos o antes posible”. Nesta iniciativa explica a concelleira que están convidados a participar tamén unha serie de persoas relevantes da vida social, cultural e económica de Tui, sen as que a cidade non sería o mesmo. Así baixo o lema “TUI EN PERSOA” nas redes sociais compartiranse as mensaxes do alcalde, Enrique Cabaleiro, de deportistas da talla de Quique Miguez ou Manu Garrido, artistas como Samuel Diz, Laura Villaverde ou Ángel Sánchez o historiador Suso Vila, a xornalista Eva González, os escritores Marga do Val ou Rosendo Bugarín, referentes como Antón Corral, Mª Teresa Domínguez, entre outros moitos así coma a empresarios e empresarias de éxito da nosa cidade. Engade Ana Núñez que obxectivo é “crear entre todos diálogo, apoio, consellos, colaboracións e ideas” de tal xeito que todos poidamos aportar o noso gran de area pola economía da nosa contorna. Outra da accións previstas é “QUEROCOMERCIO”, que permitirá coñecer mellor aos comercios e aos comerciantes da cidade dando apoio e cobertura á súa comunicación dixital, quen son e que fan. Igualmente porase en valor os produtos de cercanía incidindo e compartindo o valor do local a través de “MERCA EN TUI”. No mesmo incidirase na alimentación, os seus produtos e de onde veñen, os produtores locais, a calidade de Tui. Con “QUEROHOSTALERIA” percorrerase a vida diaria da hostalería de Tui e os seus protagonistas. Tamén chegará “MERCADILLEANDO” cunha inmersión no mercadillo máis seguro de Galicia, asistindo a cómo se poden facer as cousas ben e con responsabilidade antepondo a saúde e traballando con garantías. Outra das acción previstas ten por obxectivo a promoción e posta en valor da plataforma de comercio electrónico dos comercios locais www.etui.es Este mercado en liña é a aposta do comercio local pola dixitalización, adaptación aos novos tempos e novos hábitos de compra. Tamén se desenvolverá un programa de formación especifico QUEROFORMACIÓN, co que brindar as ferramentas e coñecementos para afrontar os novos retos do mercado, e camiñar cara a transformación e dixitalización que precisa o comercio local.Ás doce deste mediodía presentouse a través das redes sociais o proxecto “Quero Tui” que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso.

A través de redes sociais propias en Facebook e Instagram Quero Tui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. O comercio, a hostalería, o mercado semanal, os produtores locais serán o eixo de parte das accións previstas. Amais persoas relevantes da vida social, cultura e económica de Tui súmanse a esta campaña amosando o seu apoio.  Tamén se aposta pola formación coma unha das claves para afrontar os retos de futuro.

A concelleira Comercio, Ana Núñez, explica que o proxecto QUEROTUI “ten como finalidade converterse nunha marca de referencia que dea visibilidade ao noso comercio local en xeral, pondo en valor os produtos vendidos ou fabricados na nosa cidade, pola nosa xente”. Engade a concelleira que “é un proxecto de tod@s para tod@s porque é xuntos como temos que continuar resistindo”. Indica que “os e as tudenses fomos exemplares na xestión desta pandemia, un orgullo desta cidade e agora volveremos a selo para recuperarnos entre todos o antes posible”.

Nesta iniciativa explica a concelleira que están convidados a participar tamén unha serie de persoas relevantes da vida social, cultural e económica de Tui, sen as que a cidade non sería o mesmo. Así baixo o lema “TUI EN PERSOA” nas redes sociais compartiranse as mensaxes do alcalde, Enrique Cabaleiro, de deportistas da talla de Quique Miguez ou Manu Garrido, artistas como Samuel Diz, Laura Villaverde ou Ángel Sánchez o historiador Suso Vila, a xornalista Eva González, os escritores Marga do Val ou Rosendo Bugarín, referentes como Antón Corral, Mª Teresa Domínguez, entre outros moitos así coma a empresarios e empresarias de éxito da nosa cidade. Engade Ana Núñez que obxectivo é “crear entre todos diálogo, apoio, consellos, colaboracións e ideas” de tal xeito que todos poidamos aportar o noso gran de area pola economía da nosa contorna.

Outra da accións previstas é “QUEROCOMERCIO”, que permitirá coñecer mellor aos comercios e aos comerciantes da cidade dando apoio e cobertura á súa comunicación dixital, quen son e que fan.

Igualmente porase en valor os produtos de cercanía incidindo e compartindo o valor do local a través de “MERCA EN TUI”. No mesmo incidirase na alimentación, os seus produtos e de onde veñen, os produtores locais, a calidade de Tui.

Con “QUEROHOSTALERIA” percorrerase a vida diaria da hostalería de Tui e os seus protagonistas.

Tamén chegará “MERCADILLEANDO” cunha inmersión no mercadillo máis seguro de Galicia, asistindo a cómo se poden facer as cousas ben e con responsabilidade antepondo a saúde e traballando con garantías.

Outra das acción previstas ten por obxectivo a promoción e posta en valor da plataforma de comercio electrónico dos comercios locais www.etui.es Este mercado en liña é a aposta do comercio local pola dixitalización, adaptación aos novos tempos e novos hábitos de compra.

Tamén se desenvolverá un programa de formación especifico QUEROFORMACIÓN, co que brindar as ferramentas e coñecementos para afrontar os novos retos do mercado, e camiñar cara a transformación e dixitalización que precisa o comercio local.

- Publicidade -spot_img