
O Festival de Cinema Play-Doc, que arranca hoxe e ata o domingo 27 de setembro na cidade de Tui, abre o pano cunha xornada inaugural na que lle acompañarán parte dos patrocinadores institucionais, o Alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, en representación da Xunta de Galicia o Director do AGADIC, Jacobo Sutil, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e por parte de Play-Doc Sara García e Ángel Sánchez, directores do festival, todos eles estarán acompañados pola Concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente e pola Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra, Iria Lamas.
Tras a presentación terá lugar un espectáculo audiovisual a cargo da prometedora artista multidisciplinar Laura LaMontagne. Unha mestura sonora de tradición lírica galego-portuguesa con poesías de Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa, combinada con elegantes ritmos electrónicos e videocreaciones de vangarda.

Acto seguido arrincarán as proxeccións e a película que abrirá esta edición será A media voz, dirixida por Heidi Hassan e Patricia Pérez e producida por Matriuska Producións. A Media Voz, chega a Tui tras obter a Biznaga de Prata á mellor dirección da Sección de Documentais na pasada edición do Festival de Cinema de Málaga e o premio ao mellor documental na pasada edición do IDFA, un dos festivais de documentais máis prestixioso de Europa. Nela as directoras exploran o desafío e o desarraigamento que provoca a emigración. Un emocionante documental auto-etnográfico sobre a nostalxia, a amizade, as raíces e o exilio, que reflicte o desasosego de toda unha xeración. A proxección será ás 22.30 h no Teatro Municipal e contará coa presenza da súa directora Patricia Pérez e o seu produtor Dani Froiz. As entradas anticipadas poden adquirirse nesta ligazón.
Por motivos meteorolóxicos as actividades programadas ao aire libre na Praza do Pracer trasládanse ao Teatro Municipal, sede principal do certame tudense, con pequenas variacións de horarios que se poden consultar na web do festival



