spot_img
InicioVigo e áreaVigoO proxecto para remodelar a contorna da Estación de Renfe en Vigo...

O proxecto para remodelar a contorna da Estación de Renfe en Vigo recibe o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa favorablemente o proxecto para remodelar a contorna da Estación de VigoOs traballos forman parte do Proxecto Integrador da Intermodal de Vigo que prevé o acondicionamento da praza de acceso á nova terminal viguesa de viaxeiros

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remitiu hoxe ao Concello de Vigo informe favorable sobre o proxecto de remodelación da contorna da rúa Baixada á Estación despois de analizar a proposta presentada polo ente municipal na que se contempla a reconstrución e posta en valor da antiga estación de ferrocarril, así como o acondicionamento e urbanización da praza que da acceso á nova terminal de viaxeiros.

Así, o departamento de Patrimonio do Goberno galego dá luz verde a esta actuación que forma parte do Proxecto Integrador da Intermodal de Vigo ao considerar axeitada a proposta para conservar a antiga estación de tren, un inmoble incluído no Plan Especial e o Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar (PEEC) como edificio significativo.

Trátase dunha urbanización que, segundo sinalan os técnicos desde a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, soluciona os problemas de grandes fluxos de viaxeiros que este espazo debe acoller empregando deseños e materiais compatibles cos criterios de protección do patrimonio facendo posible que a consolidación da fachada funcione como elemento identificativo da memoria histórica do lugar.

Orixe no ano 1878

A praza da Estación e a rúa Baixada á Estación teñen a súa orixe na construción da primeira estación de ferrocarril de Vigo, no ano 1878. O edificio orixinal foi ampliado en 1923, construíndose unha segunda planta que servira para cubrir o espazo de chegada dos trens, e quedou en desuso en 1990. Sete anos despois o Concello decidiu situar no inmoble o novo Conservatorio Profesional de Música que funcionou ata o ano 2000.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa favorablemente o proxecto para remodelar a contorna da Estación de Vigo
Antigua estación Renfe Vigo – foto de ABC
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.