Inicio Val Miñor Nigrán Persoas e entidades destacadas de diferentes ámbitos da sociedade colaboran co CB...

Persoas e entidades destacadas de diferentes ámbitos da sociedade colaboran co CB Nigrán para render homenaxe as vítimas da Violencia de Xénero

Personalidades destacadas de diferentes ámbitos da sociedade colaboran co CB Nigrán para render homenaxe as vítimas da Violencia de Xénero
Policia Local de Nigrán

O actor Javier Gutiérrez, da película campións, Epi e Navarro, xogadores da seleccion española de baloncesto, Amistades Peligrosas , Manquiña e a selección de baloncesto de Gran Bretaña , entre outros, colaboran co CB Nigrán contra a violencia de xénero .

O CB Nigrán quere render un ano máis homenaxe ás vítimas de malos tratos con motivo do día contra a Violencia de Xénero cun vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como os actores Javier Gutiérrez e Manquiña, os xogadores de baloncesto Epi e Navarro, os escritores Antonio García Teijeiro e Inma Lopez Silva, a campioa do mundo de Tríatlon paralímpico Susana Rodriguez,a xornalista Montse Fajardo, a actriz e presentadora Silvia Fominaya , o dúo musical Amistades Peligrosas, colectivos como a policia local de Nigrán ou o Grumir do Val Miñor e os claustros de todos os centros educativos de Nigrán , entre outros, ademais dos propios xogadores e xogadoras do club.

Personalidades destacadas de diferentes ámbitos da sociedade colaboran co CB Nigrán para render homenaxe as vítimas da Violencia de Xénero
Javier Gutierrez

Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2019.

Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.

 

 

 

 

Personalidades destacadas de diferentes ámbitos da sociedade colaboran co CB Nigrán para render homenaxe as vítimas da Violencia de Xénero
Selección Baloncesto de G. Bretaña

Un total de 52 balóns que simbolizan ás vítimas e cos que o Club Baloncesto Nigrán debuxa un gran lazo na pista de xogo do pavillón municipal de Panxón en torno ao cal se colocarán os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo a imaxe final do vídeo a través do cal o CB Nigrán busca concienciar e sensibilizar sobre “esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies