Inicio Vigo e área O Porriño O Concello do Porriño alumeado de azul polo Día da Infancia

O Concello do Porriño alumeado de azul polo Día da Infancia

O Concello do Porriño alumeado de azul polo Día da InfanciaEste serán o edificio da Casa Consistorial do Concello do Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF 

O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas.

Hoxe celebranse trinta anos da Convención dos Dereitos do Neno. Por tal razón, Porriño declarada desde 2018 “Cidade Amiga da Infancia”, sumouse a efeméride, seguindo a chamada #GaliciaDeAzul lanzada pola UNICEF para conmemorar ese aniversario.

O Concello do Porriño alumeado de azul polo Día da Infancia
A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.

Por outra banda, o vindeiro venres 22 de novembro, o Concello do Porriño enviará unha delegación integrada polos alumnos elixidos para representar á infancia local no VII Foro de Participación Infantil de Galicia, evento que terá lugar a partir das 12 horas no Parlamento de Galicia.

No pleno infantil celebrado no Porriño o pasado venres 15, determinouse a composición da delegación que estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e acudirá tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.

O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies