O Pazo de Barreiro sitúase no lugar de Barreiro, na parroquia de Santa María de Vilaza, no concello de Gondomar (Pontevedra). emprázase nun outeiro de moderada pendente no tramo medio do val do Río Zamáns onde se abre ao Val Miñor.
Construído a finais do S. XVII ou principios do XVIII o edificio presenta muros encalados agás os recercamentos de ocos, pilastras de esquina e cornixamento, fachada posterior cara a solaina e escudos na fachada principal coas armas dos Arines, Troncoso, Ceta, Soutomaior, Acuña e outros. Xunto a entrada, está a capela construida en 1.751, con espadaña que alíñase co portalón que está formado por un muro liso con escudo e oco adintelado.
É un edificio que orixinariamente tiña planta en forma de L, aínda que hoxe os moitos engadidos e reformas desvirtúan esta forma orixinal. Dentro do patio emprázase un gran patín, e na fachada sureste a solaina sobre soportais. Ademais o conxunto complétase co hórreo e varias construcións menores de servizo: alpendres, cortes, adegas, etc. Sobre este pazo estableceu un morgado D. Remigio Ramón de Arines, señor do Pazo de Pampillón.
Hoxe, fragmentada a propiedade, segue pertencendo aosdescendentes directos do fundador.
O Val Miñor posúe numerosos pazos de gran valor histórico. Moitos se concentran na estrada que une Nigrán con Gondomar, a coñecida «ruta dos pazos», onde está situado o de Barreiros. Cando nos achegamos, comprendemos enseguida que este histórico Pazo tampouco está exento do perigo da acción humana
Este tipo de edificacións e a súa contorna, forman parte do noso patrimonio e sería bo que o coñecésemos xa que é responsabilidade de todos protexelo.
Referencias bibliográficas: PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf (Páxina 15)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/08/28/destrozan-parte-muralla-pazo-barreiros-gondomar/0003_6093431.htm
http://www.minhor.org/xeiras/calendario/872-xeira-do-iem-ao-pazo-de-barreiro-e-a-sua-contorna-na-parroquia-de-vilaza http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9433&ctre=36
http://www.farodevigo.es/comarcas/3096/ex-alcalde-baiones-quintas-derriba-muro-pazo-barreiro-permiso/159139.html
BIBLIOGRAFÍA Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012