Inicio Galicia A Federación Galega de Piragüismo fai entrega da insignia de ouro a...

A Federación Galega de Piragüismo fai entrega da insignia de ouro a Jesús Morlán

A Federación Galega de Piragüismo fai entrega da insignia de ouro a Jesús MorlánA Federación Galega de Piragüismo fai entrega da insignia de ouro a Jesús Morlán

O tarde de onte o presidente da Federación Galega de Piragüismo José Alfredo Bea García fixo entrega da insignia de ouro do ente federativo ao adestrador galego Jesús Morlán.

O técnico galego atópase na localidade lusa de Montemor o Velho onde se están disputando os campionatos mundiais de piragüismo sprint. Alfredo Bea aproveitou a ocasión para facerlle entrega da máxima distinción, despois de que Morlán non puidese asistir á gala do piragüismo galego, celebrada o pasado mes de decembro en Ribadumia.

Jesús Morlán, agora responsable deportivo do equipo de canoa brasileiro, mostrouse moi orgulloso e agradecido por este recoñecemento da xunta directiva galega e se monstró moi optimista co potencial dos deportistas galegos e augurou moitos éxitos para todos eles.

O que fose preparador do medallista olímpico David Cal, está a recuperarse dunha grave enfermidade que lle tivo apartado durante un tempo da súa paixón o piragüismo. Agora mesmo, só pensa en aumentar o seu particular medalleiro olímpico a dez metais, para iso conta con todo o apoio do comité olímpico de Brasil e a uns grandes deportistas como son Erlon de Souza e Isaquias Queiroz que atesoura tres preseas nuns xogos olímpicos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies