spot_img
InicioVigo e áreaVigoPalmarés da IV Edición do Festival Primavera do Cine de Vigo

Palmarés da IV Edición do Festival Primavera do Cine de Vigo

Tras cinco días de proxeccións no que se exhibiron 22 curtametraxes, 13 videoclips e 8 longametraxes realizadas pola xente do audiovisual galego, os espectadores da IV Edición doFestival Primavera do Cine en Vigo decidiron que os tres gañadores deste ano sexan:

*Mellor videoclip: Bombones de Cereza de Cristian Otero e Marc Soler. Canción do grupo Inerttes.
*Mellor curtametraxe: Curricán (2014) de Alvaro Gago. Curtametraxe de ficción de 15 minutos onde a mirada de Xan  Currican   nos guía polas rúas de Vilanova de Arousa, un pobo cheo de grandes cadros e interminables epifanías.
*Mellor longametraxe: A Volta Dos Nove (2014) de Antonio Caeiro. Documental de 63 minutos sobre un misterioso  suceso acontecido o 15 de outubro de 1936 que conmocionou o todo Val Miñor. Apareceron nove inscricións na terra,feito que os cidadáns nunca esquecerían.

No seu discurso de despedida, Juan de Castro, director do Festival por primeira vez, agradece a labor de todo o equipo de organización e aplaude o traballo dos realizadores galegos pola calidade da selección oficial deste ano: “O Festival Primavera doPalmarés-IV-Edición-Festival-Primavera-Cine-Vigo Cine naceu, por suposto, para darlle pulo e soporte ao audiovisual galego, pero a nosa primeira intención e o destino da nosa labor sempre vai ser o público da cidade de Vigo, que merece ter a oportunidade de visionar filmes que se caractericen pola súa calidade, eclecticismo e compromiso social. E no noso caso tamén pola galeguidade”.

De Castro tamén dálle as grazas aos espectadores que acudiron (e inclusive, repetiron) e critica aos pseudo-intelectuais vigueses que non fixeron acto de presenza: “Xogamos coma nunca, perdemos coma sempre ou, noutras palabras, éxito de crítica pero non de público. Non somos ilusos, sabemos que é moi difícil atraer a una persoa a que veña a sentarse, con este sol, a escuras nunha butaca durante hora e media a ver una película que non coñece, non e fácil. Máis houbo xente que viu, e que inclusive volveuno a facer! Xa temos fans! Esta é, para min, a referencia e a satisfacción de que algo o estivemos a facer ben nestes anos. É así como agradezo a estes espectadores, tamén sinalo a moito cultureta que lle plantas un festival coma este e non o pisa, en fin…”

O director recorda a falta de financiamento da que adoece o festival: “Fixemos o que puidemos cos nosos medios. Este festival levántase con moita intelixencia e favores, e un presuposto de menos de catro cifras. Si, amigos, resistimos. Este festival é posible polo amor ao cine e á vontade de ofrecelo a todos do xeito máis amable e económico posible. Quero agradecer ós patrocinadores que confiaron e se ilusionaron con nos. Agradecer a concellería de cultura por brindarnos a axuda que habitualmente nos ofrecen. A ver se o ano que ven, se temos festival, se estiran máis, porque cartos parece que hai… Haberá que falar co alcalde que é o que manda manda”.

Por último, De Castro adica unhas palabras a súa nai: “Este amor o cine que no meu caso foi inculcado pola miña nai, que me explicaba as secuencias de Rebeca ou o xiro final de Testemuña De Cargo e eu vibraba con ela, marabillado. É por isto que eu quero adicarlle o meu traballo a ela, a miña nai. Que grazas a ela asegureime moita felicidade co cine”.

Esta foi a  programación da Gala de Clausura:
• Ás 19,00 horas Inversa Teatro, un grupo teatral de experimentación, realizou unha pequena actuación a modo de presentación.
• Ás 19:15 horas João Ribeirette, do Instituo Camões,  fixo unha introducción do filme de Manoel Oliveira, “O Estranho Caso De Angélica”.
• Ás 21:00 horas outra actuación de Inversa Teatro e concerto de Camarada Nimoy.
• Ás 21:25 horas entrega da mención honorífica a Sarabela Teatro.
• Ás 21:30 horas entrega dos tres xa mencionados galardóns e discurso de despedida do
director do Festival, Juan de Castro.

http://www.primaveradocine.com/

- Publicidade -spot_img