Inicio Galicia Igualdade colabora coas Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para mellorar a...

Igualdade colabora coas Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para mellorar a situación das mulleres con discapacidade auditiva

Igualdade-colabora-coas-Asociacións-Persoas-Xordas-Galicia-mellorar-situación-mulleres-discapacidade-auditivaA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, reuníronse na sede da Asociación, na Coruña, para analizar algunhas das iniciativas que ambos departamentos teñen en marcha para mellorar a calidade de vida das mulleres con discapacidade auditiva e xordocegas de Galicia.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse co presidente da FAPXG, Iker Sertucha, tras visitar ás instalacións da Federación na Coruña

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia consideran imprescindible a atención a este colectivo, pois o 48 por cen das persoas con discapacidade auditiva son mulleres, sendo a situación daquelas que viven nas áreas rurais aínda máis vulnerable.

A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, colabora dende hai anos coa FAPXG ao abeiro da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.

Ambas entidades colaboran nun programa de apoio dirixido a mulleres xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas

En concreto, dende 2009 a asociación que preside Sertucha ten recibido máis de 160.000 euros para o financiamento de programas específicos para mulleres con algún tipo de discapacidade auditiva.

O ano pasado a Xunta destinou preto de 25.000 euros a un programa de recursos de apoio dirixido a mulleres xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas. O seu obxectivo é favorecer a autonomía persoal e a Igualdade de oportunidades destas mulleres, eliminando os obstáculos e impedimentos que provocan a súa marxinalidade e exclusión familiar, social e laboral. Grazas a esta axuda en 2014 atendéronse a case 300 mulleres.

A FAXPG é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1979. A súa misión é xerar as condicións que, tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades. Actualmente a Federación está composta polas asociacións locais das sete grandes cidades de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies