spot_img
InicioAlto MinhoPacto do Río Miño Transfronteirizo amplía colaboración co obxectivo centrado no INTERREG...

Pacto do Río Miño Transfronteirizo amplía colaboración co obxectivo centrado no INTERREG V A

Pacto-Río-Miño-Transfronteirizo-amplía-colaboración-obxectivo-centrado-INTERREG V A

Un conxunto de entidades de Galicia e Norte de Portugal mostrouse, o pasado xoves, interesado en constituírse como socios do Pacto do río Miño Transfronteirizo, asumindo a preservación e a valorización do río Miño como obxectivo común.

Co horizonte no INTERREG V A, a estratexia definitiva vai ser concertada en reunión programada para o día 29 de xullo, agregando as contribucións dos novos socios.

A cooperación transfronteiriza en torno ao río Miño gaña unha dimensión máis activa e dinámica co Pacto do Río Miño Transfronteirizo e a súa apertura para articular colaboracións máis globais, en pro dun proxecto que beneficie as poboacións de toda esta rexión.

Durante a sesión de traballos do pasado xoves na sede da UNIMINHO en Valença, os distintos intervinientes – dos 15 Municipios signatarios e as entidades convidadas – manifestaron unha posición consensual da importancia da riqueza do río Miño e de todo a súa contorna, pero tamén de que o camiño a percorrer ten que enfocarse cara a loas tres vertentes que promovan un desenvolvemento sustentable: ambiental, turística e económico.

O Presidente do Consello Directivo da UNIMINHO, Manoel Batista, mostrouse satisfeito co interese e contribucións deixadas polos compañeiros que, “polo seu coñecemento e experiencia en áreas moi específicas, representarán un apoio valiosísimo”. “A cooperación transfronteiriza é importante a nivel macro,expresamente coas negociacións entre O Porto e Santiago de Compostela, pero é fundamental que non se esgote aquí.As reunións intermedias, como é o caso desta, serven para diagnosticar problemas comúns e moi caraterísticos de territorios de fronteira así como presentar solucións. Estou convencido de que hai espazopara plataformas diferentes de cooperación“, asegurou.

Esta reunión contou ademais coa repartición de información sobre o traballo desenvolvido pola Uniminho sobre a Rede Natura 2000, sobre o Aquamuseu do Río Miño e sobre o proxecto UNIMINHO/ECOTUR 2.0, que serviron de base para un período ampliado de reflexión.

Os asinantes do Pacto do Río Miño volverán sentar á mesma mesa, o próximo día 29 de xullo, para definir liñas de acción a presentar á 1ª convocatória do INTERREG V A Portugal/España, cuxa apertura está prevista para o final do mes de setembro.

- Publicidade -spot_img