spot_img
InicioO SalnésLouzán e Nava Castro avogan polo "turismo experiencial e sostible" para atraer...

Louzán e Nava Castro avogan polo “turismo experiencial e sostible” para atraer visitantes a Galicia

27-08 visita centro BTT_Original.JPGO presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, destacaron esta mañá os resultados positivos que están a dar as campañas de promoción turística das dúas administracións e a aposta por eventos que, coma a Volta Ciclista a España, están a atraer cada día máis visitantes a esta comunidade.

Durante unha visita ó centro BTT do Salnés –o primeiro que se puxo en marcha da rede de centros impulsado pola Xunta de Galicia– Louzán e Castro incidiron na necesidade de seguir apostando por iniciativas que contribúan a consolidar as Rías Baixas e Galicia como destino do “turismo experiencial” e “sostible”.

Nesta liña, Nava Castr

o lembrou que boa parte dos visitantes chegan a Galicia atraídos pola súa natureza e paisaxes, polo que “é fundamental” preservar os nosos recursos naturais e patrimoniais e seguir poñéndoos en valor de cara ó turismo.

Unha idea na que tamén coincidiu Rafael Louzán, que destacou o magnífico contorno do Salnés e as especiais condicións que reúne tanto para a práctica do ciclismo coma do sendeirismo.

O Centro BTT do Salnés forma parte desta aposta pola diversificación da oferta turística, aproveitando os propios recursos. O centro conta, en palabras de Rafael Louzán, “cunhas instalacións dignísimas” e atópase “funcionando a pleno rendemento”.

Nel, os amantes da BTT

poden atopar múltiples servizos, que van desde información detallada das 10 rutas que ofrece, cun percorrido de máis de 100 quilómetros e de diferentes niveis de dificultade, ata servizos de alugueiro de bicicletas, vestiarios, duchas e zona de lavado de bicicletas.

As rutas pódense realizar desde o propio punto de acollida, desde o mosteiro da Armenteira ou desde a área recreativa de Santo Domingo de Nogueira, e están orientadas a todo tipo de ciclistas, desde os máis expertos ata os afeccionados menos habituados ó deporte do pedal. Así, catro das rutas son percorridos de dificultade alta; tres son traxectos de dificultade media, e outras tres fáciles.

Durante a visita ás instalacións Louzán fixo fincapé na gran proxección que vai ter o contorno no que se sitúa o Centro BTT do Salnés, en Monte Castrove, ó ser neste punto onde rematará a décimo oitava etapa da Volta a España.

O titular da Deputación animou os veciños do contorno, pero tamén os da cidade de Pontevedra e doutros concellos próximos a achegarse ata este punto da xornada do 11 de setembro, por tratarse dun punto “onde van ter unha dobre oportunidade de ver pasar o pelotón ciclista”, pois pasará en dúas ocasións polo contorno do Campo de Golf.

Nestes momentos a Deputación traballa na adecuación da explanada que servirá de meta, onde se están a realizar traballos de ancheamento e pavimentación da zona.

Louzán lembrou que traballos similares se están a realizar noutros puntos do percorrido, nos que Deputación, Xunta e concellos colaboran para que “todo estea en perfectas condicións e poder ofrecer ó mundo a mellor imaxe das Rías Baixas”.

- Publicidade -spot_img