spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pecha a súa programación estival coa VIII Concentración de Ultraligeros

Nigrán pecha a súa programación estival coa VIII Concentración de Ultraligeros

 

Concentración de ultraligerosO areal de Panxón acollerá o vindeiro sábado 30 de agosto o VIII Certame Aeronáutico Concello de Nigrán e o Campionato Galego ULM 2014, organizado polo Aeroclub Meteoro Cerval-, que nesta edición contará coa participación de arpoximadamente 15 avións, cos seus respectivos pilotos e copilotos.

Como novidade este ano realizarase unha exhibición acrobática a cargo dalgúns expertos aeromodelistas, os cales pertencen ao Club de Val Miñor, Furaventos e o Club Aeromodelismo Ourense, destacando a presenza dunha maqueta de turbina capaz de superar o 350km/h.

Aproximadamente entre quince de avións e ultraligeros aterrarán o vindeiro sábado na praia de Panxón.

O espectáculo totalmente gratuíto- comezará contorna ás 9.30 horas, momento no que os participantes despegarán do aeródromo cara ás praias de Nigrán, chegando aos nosos areais ás 10.30, e prolongarase até as 14.30 horas.           “O  festival aéreo converteuse nun clásico da programación estival de Nigrán, e un dos eventos máis reclamados por turistas e visitantes”, apunta o rexedor municipal, Alberto Valverde.

Nesta edición tamén participarán pilotos españois e portugueses, e ten o distintivo de ser o único festival aéreo destas características que se celebra na praia, unha experiencia única para os pilotos, xa que teñen a posibilidade de terminar a competición con toma nun areal.

Competición e espectáculo

O campionato galego constará de tres probas. Unha de navegación aérea, na que o piloto deberá localizar un punto no mapa aeronáutico sen a axuda de GPS nin dispositivos de posicionamento, só con coordenadas xeográficas. A segunda proba, o voo en estima, consiste nun cálculo do tempo e do combustible que utilizará o piloto no percorrido, entre o punto de partida e a aterraxe no areal de Panxón.

Por último, a proba de precisión, na que se realizan dez marcas na area, con dez metros entre cada unha delas (un total de 100 metros). A maior puntuación recibiraa o piloto que máis próximo aterra da liña de iniciación.

Exhibición de aeromodelismo

Ademais do certame aéreo, o público asistente poderá gozar ao longo de toda a mañá dunha mostra con vinte modelos de maquetas de aeromodelismo a gran escala, que estarán expostas ao longo do Paseo de Panxón. Ao finalizar a competición dos ultraligeros, e se as condicións meteorolóxicas permíteno, disputarase o I Trofeo de Grandes Maquetas Concello de Nigrán, na que os propietarios das maquetas realizarán exhibicións de voos acrobáticos, puntuando tamén a similitude da réplica co aeroplano real.

- Publicidade -spot_img