spot_img
InicioBaixo MiñoOubiña e Cantero inspiran a futuros deportistas profesionais en Tomiño

Oubiña e Cantero inspiran a futuros deportistas profesionais en Tomiño

alumnos-do-ies-tomin%cc%83o-na-conferencia-de-cristina-cantero-e-borja-oubin%cc%83a-copiar

A Fundación Celta colabora na formación dos estudantes

Cristina Cantero e Borja Oubiña explicaron hoxe ás rapazas e rapaces do Instituto de Tomiño as posibilidades e dificultades de dedicarse profesionalmente ao mundo do deporte. A conferencia e coloquio celebrouse en colaboración coa Fundación Celta no auditorio do instituto, onde asistiron uns 100 mozos e mozas de primeiro e cuarto da ESO (12 a 16 anos).

O ciclo de conferencias Que queres ser de maior? ofrece sempre a visión feminina e a masculina dunha mesma profesión, para obter a panorámica completa de orientación profesional para os alumnos.

O Concello de Tomiño impulsa o programa Educación da boa, que inclúe un proceso popular de propostas e votación para escoller nome para o instituto e unha mellora da comunicación entre alumnos, profesores e pais que conforman a comunidade escolar.

Borja Oubiña é licenciado en ciencias Empresariais e profesional da secretaría técnica do Celta. Foi xogador e capitán do Celta e tamén da selección española e do Birmingham.

Cristina Cantero é adestradora do Celta de Baloncesto Feminino e ex xogadora profesional.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.