spot_img
InicioBaixo MiñoÓscar Carrera Amandi, o padeeiro que participou nos Xogos Olímpicos de Río...

Óscar Carrera Amandi, o padeeiro que participou nos Xogos Olímpicos de Río 2016, xa figura na rúa Olímpicos Tudenses

oscar-carrera-amandi-o-padeeiro-que-participou-nos-xogos-olimpicos-de-rio-2016-xa-figura-na-rua-olimpicos-tudenses

Onte tivo lugar a recolocación da placa da rúa Olímpicos Tudenses, despois de que fora retirada para a inscrición dun novo nome dun olímpico do noso concello, o de Óscar Carrera Amandi, quen participou nos Xogos Olímpicos de Río 2016.

O padeeiro tudense competiu en piragüismo, na modalidade de K4 1.000 metros, acadando o quinto posto na final, outorgándolle o diploma olímpico.

Na colocación da placa, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, xunto a familiares de Óscar Carrera, cuxo nome figura xa xunto aos do resto de olímpicos tudenses, Enrique Míguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Areal, Jesús González e Frank Casañas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.