Inicio Pontevedra Louriña A guardesa Cristina Araujo, gañadora do X Certame Fotográfico Viaxando

A guardesa Cristina Araujo, gañadora do X Certame Fotográfico Viaxando

a-guardesa-cristina-araujo-ganadora-do-x-certame-fotografico-viaxando
Foto gañadora, título: “La Frontera entre el Cielo y la Tierra”.

O luns día 17 de outubro celebrouse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Salceda de Caselas a entrega do premio á gañadora do X Certame Fotográfico Viaxando. Este ano recaeu, por decisión unánime do xurado, na moza guardesa Cristina Araujo Acevedo pola fotografía que leva por título: “La Frontera entre el Cielo y la Tierra”.

O xurado estaba composto polo representante do estudo de fotografía Foto Balbino de Salceda e os fotógrafos afeccionados da localidade Pepe Álvarez e David del Río. O premio consistente nunha Tablet TAB 3 10 Business, foi entregado pola Concelleira de Mocidade do Concello de Salceda de Caselas Carla Pérez Pérez acompañada da tamén concelleira de mocidade da Guarda Elena Baz, como representante do concello de onde procede a rapaza gañadora.

O certame fotográfico VIAXANDO cumpre esta ano a súa X edición, e está organizado conxuntamente polas OMIX dos concellos de Baiona, Gondomar, A Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Salceda de Caselas e o Espazo Xove de Tui dependente da Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia.

Este ano foi o concello de Salceda de Caselas o encargado de entregar o premio e inaugurar a exposición itinerante que percorrerá todos e cada un dos concellos organizadores e posiblemente o edificio administrativo da Xunta en Vigo ata o outono de 2017. Na Guarda a exposición poderá visitarse no edificio do concello en xaneiro de 2017.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies