spot_img
InicioBaixo MiñoOs Teixugos do Club Deportivo do Miño seguen a acadar premios en...

Os Teixugos do Club Deportivo do Miño seguen a acadar premios en competicións estatais

os-teixugos-do-club-deportivo-do-mino-seguen-a-acadar-premios-en-competicions-estatais
Foto: Ariadna Pereira en Sort

Manuel Ochoa, Campión de España junior de Slalom, bronce para Emilio Rodríguez na categoría K1 veteranos e bronce para Ariadna Pereira na categoría infantil

Nos últimos días os Teixugos do Club Deportivo do Miño veñen de acadar varios triunfos en competicións estatais. O Teixugo Manuel Ochoa proclamouse Campión de España Junior de Slalom na modalidade de Caiac no Campionato de España de slálom en Sort, que é a derradeira e máis importante proba da Liga española de slálom olímpico, ao que acudiron cerca de 300 deportistas de todo o estado. Neste mesmo campionato acadaron moi boas posicións as deportistas Laura Soutelo, 9ª en K1 muller junior, Andrea González,17ª en k1 muller senior, Marco Patiño, 20º en K1 home cadete, Brais Castro, 4º na mesma categoría e rozando o bronce, Luis Fernández 4º en C1 Sénior e Emilio Rodríguez, Bronce en K1 veteranos.

Pola súa banda Ariadna Pereira acadou o bronce no Campionato de España de Promoción en Sort, Categoría infantil, o que pon o brochea unha tempada de excelentes resultados para o clube tomiñés.

O Concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltan o orgullo do concello e a felicitación non só polos resultados obtidos senon sobre todo polo traballo e compromiso durtante todo o ano, promovendo o deporte dende as idades máis tempranas, e os valores e estilo de vida saudable que acompañan á práctica deportiva.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.