spot_img
InicioBaixo MiñoOs remeiros do Club de Remo do Miño de Tui, Jesús González...

Os remeiros do Club de Remo do Miño de Tui, Jesús González e David Prada, finalizaron o Campionato do Mudo de Sarasota (EEUU).

os-remeiros-do-club-remo-tui-seta-jesus-gonzalez-e-david-prada-finalizaron-campionato-do-mudo-sarasota-eeuu
david Prada

Os remeiros do Club de Remo do Miño de Tui, Jesús González e David Prada, finalizaron o Campionato do Mudo de Sarasota (EEUU).

David Prada conseguiu a terceira posición na final ‘E’ do Skiff Absoluto Masculino nunha impresionante regata onde os tres primeiros entraron en apenas segundo e medio. A vitoria nesta regata foi para o Israelita Dani Fridman, seguido do Italiano Mondrecola Salvatore e a terceira posición foi para  remeiro David, que finaliza un bo Campionato en Skiff absoluto. Terceira posición na Final ‘E’ dun total de Corenta países que participaron nesa disciplina.

Uns días de descanso e toca volver para Sevilla á concentración permanente na CEAR da Cartuxa na cidade de Sevilla. Xa no mes de Outubro 28/29, remase o Campionato de España de Yolas por Clubs.
Jesús González, realizou un extraordinario campionato na categoría de Dobre Scull Lixeiro Masculino. Jesús remó co sevillano Patricio Rojas, pertencente ao club labradores de Sevilla e conseguiron meter o bote entre as doce mellores do mundo, algo que España levaba sen facer desde o ano 2004.

os-remeiros-do-club-remo-tui-seta-jesus-gonzalez-e-david-prada-finalizaron-campionato-do-mudo-sarasota-eeuuA clasificación foi: 1º Rep Checa, 2º Dinamarca, 3º Ucraína, 4º Inglaterra, 5º ESPAÑA, 6º Rusia. Pero aquí non termina a tempada para o incombustible remeiro, xa que o día 13/14 de outubro, viaxase a Thonon lles Bais (Francia) para remar o Campionato do Mundo de Remo de Mar. E en novembro participase na prestixiosa regata Silverskiff que se organiza en Turín (Italia) o 11/13 de Novembro.

- Publicidade -spot_img