spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda15K Atlántico - 850 atletas percorreron os 15 kilómetros desde Oia ata...

15K Atlántico – 850 atletas percorreron os 15 kilómetros desde Oia ata alcanzar a meta da Guarda

15k-atlantico-850-atletas-percorreron-os-15-kilometros-desde-oia-ata-alcanzar-meta-da-guardaCun percorrido de 15 km paralelo á costa sur da provincia pontevedresa, entre as localidades de Oia e A Guarda, pasando polo Rosal, a 15K Banco Mediolanum é a proba ideal para que os ‘runners’ gozen dos encantos que ofrece a comarca do Baixo Miño.

A 15K disputóuse un ano máis cunha participación de máis de 800 participantes. A proba tamén contou cunha andaina popular na que os 150 participantes fixeron un percorrido de 12 km. Carreira e andaina sairon  dende o campo de fútbol de Oia e a chegada foi no porto marítimo da Guarda.

Elías Salvador Domínguez e Esther Navarrete gañadores da proba

 O gañador impúxose nunha apertada chegada a Javier Paredes, mentres a gañadora logrou a vitoria ao superar con claridade á súa compañeira de equipo Sandra Mosquera.

A 15K Atlántico Mediolanum tamén rendeu unha emotiva homenaxe a María Fritiría, ciclista porriñesa que faleceu hai unha semanas cando descendía o Angliru. Participara en todas as edicións da proba entre Oia e A Guarda.

Para toda a familia, este evento esta consolidado como unha das mellores probas destas características que se realizan en Galicia.Naceu fai catro anos e conta xa cun gran prestixio e o apoio dos 3 concellos polos que pasa. Esta prueba ten carácter solidario, todos os corredores achegan un euro ao proxecto solidario Mediolanum Aproxima, que trata de apoiar ás asociacións máis próximas.

- Publicidade -spot_img