spot_img
InicioVigo e áreaPazos de BorbénOs primeiros 90 peregrinos da nova ruta de peregrinación cara a Santiago...

Os primeiros 90 peregrinos da nova ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela chegan a Pazos de Borbén

Os primeiros 90 peregrinos do novo ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela chegan a Pazos de BorbénConcello recibiu ao primeiro grupo de peregrinos da nova ruta coñecida como Camiño de Taverneiro

Revista COUSAS DE nº14

Os primeiros 90 peregrinos da nova ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela chegaron a Pazos de Borbén, unha das etapas sinaladas neste novo roteiro procedente de Portugal. O alcalde, Andrés Iglesias, e varios membros do goberno local, acompañaron esta mañá ao grupo durante parte do seu itinerario a través do municipio.

Esta variante ten as súas orixes no roteiro medieval que os peregrinos realizaban desde a cidade de Braga e que moitos optaban por seguir ao residir preto do seu percorrido e para evitar os perigos que durante moitas épocas supoñía transitar por vías de costa pola posible presenza de piratas e contrabandistas.

As etapas principais deste roteiro discorren polo interior da provincia de Pontevedra comezando en Salvaterra e continuando por Ponteareas, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Cotobade e A Estrada, a última escala antes de chegar a Santiago de Compostela

“O camiño de Santiago é un impulso enorme para a hostalería e a economía de todos os concellos polos que discorre, en calquera das súas variantes”, afirmou Iglesias tras indicar que xa hai establecementos hostaleiros de Pazos de Borbén recoñecidos entre as recomendacións básicas deste roteiro. “Se a afluencia é considerable estou seguro de que pronto xurdirán novos negocios no traxecto, quizá un albergue ou un cámping”, finalizou o alcalde.

O novo roteiro toma o seu nome de Ignacio Taverneiro, un fiel peregrino de Santa Eulalia de Caldelas, que faleceu na Estrada o 20 de outubro de 1784 durante a súa viaxe de regreso tras gañar o Xubileu do Ano Santo. Un feito que foi recollido nas crónicas da época ao ser enterrado “pola caridade ao ser pobre de solemnidade”

O Camiño de Taverneiro aínda non está recoñecido como un roteiro Xacobeo oficial, pero conta coa base histórica que acredita o seu interese cultural. O proceso, segundo indican desde o Colectivo DeBragaaSantiago, impulsor do recoñecemento oficial deste novo roteiro, levará tempo, pero xa está estudado e documentado desde hai moitos anos, “o que facilitará a acreditación e o asentamento definitivo do roteiro”, indican os organizadores.

- Publicidade -spot_img