Os II Premios Galicia Alimentación 2016 distinguiron á empresa Calabizo como autora do ‘produto innovador do ano’ e a Kiwi Atlántico e Frutas Nieves co ‘premio ao mellor proxecto empresarial’.
O Consorcio da Zona Franca ha expresado a súa satisfacción por estes recoñecementos xa que estas empresas están vinculadas dunha ou outra forma cos distintos programas de apoio ao desenvolvemento económico da área. A empresa Calabizo naceu na terceira edición da aceleradora de empresas ViaGalicia e Kiwi Atlántico é unha das empresas participadas pola sociedade de capital-risco Vigo Activo da que o Consorcio é o máximo accionista. Frutas Nieves participa noutro dos proxectos da aceleradora e ten un nave no Parque Tecnolóxico de Vigo.
Teresa Pedrosa, que se trasladou a Santiago de Compostela para asistir a esta sesión, xunto cos premiados.
Edurne Sendra deSaa, en representación de Calabizo recolleu o premio de mans do Presidente da Xunta no acto organizado hoxe polo Foro Galicia Alimentación que organiza o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) que conta coa colaboración do Igape. A empresa Calabizo comercializa un embutido vexetal similar ao chourizo, no que se intercambiaron as proteínas e graxas animais por proteínas vexetais provenientes de cabaza e aceite de oliva. Este chourizo vexetal está a ter moitísima aceptación entre a comunidade vegana xa que conseguiu un produto alimenticio cento por cento vexetal, con sabor e aspecto de chourizo tradicional.
O presidente da Xunta acudiu ao Foro Galicia Alimentación, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia
Kiwi Atlántico é unha sociedade formada unicamente por produtores, con gran arraigamento na agricultura e avalado pola longa tradición no Norte de España nas economías agrarias complementarias dos recursos familiares. Toda a produción comercializada por Kiwi Atlántico pasa un estrito control de calidade o que asegura un produto con todas as garantías e moi diferenciado cualitativamente.
Frutas Nieves conta cunha rede de fruterías de máis de 60 establecementos repartidos en Galicia e en Madrid que ofrecen unha ampla variedade de produtos frescos coas máximas garantías de calidade. Situados no Parque Tecnolóxico Loxístico de Valladares, Frutas Nieves conta cunha nave totalmente acondicionada, dotada dos últimos avances tecnolóxicos para a conservación, elaboración e distribución de produtos frescos nunhas condicións óptimas.
O Foro Galicia Alimentación incluíu a presentación do Plan Estratéxico de Clusaga para os próximos anos (2016-2020), relatorios sobre os desafíos do sector alimentario de Galicia, e fixo especial referencia ás novas canles de distribución, os mercados globais, a innovación e á industria do futuro.
Durante a celebración deste Foro, que comezou coa Asemblea xeral de socios de Clusaga, procedeuse á entrega dos II Premios Galicia Alimentación, apartar de proxecto empresarial, produto innovador do ano a premio á internacionalización, ademais do premio honorífico entre os que tres das empresas apoiadas polo Consorcio da Zona Franca han resultado galardoadas.




