spot_img
InicioBaixo MiñoOs premios 'Cidade de Tui' recoñecerán ás persoas ou entidades que que...

Os premios ‘Cidade de Tui’ recoñecerán ás persoas ou entidades que que teñan realizado unha achega de carácter exemplar á vida local

Os premios 'Cidade de Tui' recoñecerán ás persoas ou entidades que que teñan realizado unha achega de carácter exemplar á vida localA Xunta de Goberno Local do Concello de Tui acordou a creación dos Premios “Cidade de Tui” para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do concello que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou teñen contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui, asi como a súa convocatoria para este ano 2021.

A creación deste galardón foi unha proposta formulado pol alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, que sinala que “o acervo que singulariza á nosa localidade, foi construído ao longo do tempo por tantos e tantas tudenses que, identificados coa súa cidade, entregaron a súa cidade o mellor da súa actividade, das súa habelencias, do seu tempo…. Todas estas achegas teñen sido imprescindibles para acadar esta cidade que nos acolle e no da orgullo a todos.  O Concello de Tui ten a responsabilidade de animar e incentivar a continuidade desta achega colectiva que a sociedade tudense realiza cada día que enriquece ao noso municipio e á súa historia.

Terán carácter anual e contarán con dúas categorías, unha individual e outra colectiva

Neste liña dende o Concello de Tui cómpre recoñecer o labor relevante que realizan tanto persoas como colectivos e que coa súa achega promoven o desenvolvemento da nosa cidade e os seus cidadáns, realizan aportacións relevantes á vida colectiva, impulsan a vida colectiva, enriquecen coa súa creatividade e iniciativa a realidade local e  reflicten a vitalidade da sociedade tudense, dando visibilidade ás múltiples iniciativas que existen no tecido humano e colectivo de Tui”.

Con este obxectivo acordouse a creación destes “Premios Cidade de Tui”  con dúas modalidades:

Modalidade individual para premiar a unha persoa física que estea vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.

Modalidade colectiva para premiar a unha persoa xurídica (asociación, entidade ou colectivo de carácter cultural, social, empresarial, etc.) que teña desenvolto un labor de especial proxección para Tui e os seus cidadáns. Se premiará ben a súa achega no ano precedente ou ben unha dilatada traxectoria en calquera ámbito.

Os premios son de carácter honorífico e serán entregados nunha gala a celebrar coincidindo coas festas patronais na honra de San Telmo. A elección dos galardoados será realizada por un amplo xurado que, designado pola Xunta de Goberno Local, recolle a persoas vinculadas coa vida social tudense que terán a encomenda de designar aos galardoados.

- Publicidade -spot_img