spot_img
InicioGaliciaEuropa deixará de financiar os modelos de tratamento de lixo distintos ao...

Europa deixará de financiar os modelos de tratamento de lixo distintos ao de Sogama

Europa deixará de financiar os modelos de tratamento de lixo distintos ao de SogamaO Goberno central confirmou que a Comisión Europea non habilitará ningún mecanismo de financiamento para os modelos baseados na mestura e separación mecánica dos residuos e posterior tratamento biolóxico dos orgánicos

A Unión Europea vén de trasladar que deixará de habilitar mecanismos de financiamento europeo para os sistemas de recollida de residuos baseados en tratamentos mecánico-biolóxicos, os coñecidos como TMB, baseados na recollida conxunta de tódolos residuos que, na planta de tratamento, se separan mecanicamente e os residuos orgánicos se destinan á produción de compost.

Así o comunicaron esta mañá representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico nunha reunión da Comisión Sectorial de Medio Ambiente, na que confirmaron ás comunidades autónomas que Europa non habilitará recursos económicos para os tratamentos que recollen baixo a denominación TMB.

En España, ao redor do 51% dos residuos sólidos urbanos (RSU) xerados son tratados nestas instalacións.

Actualmente, en Galicia este tipo de tratamento son os que se levan a cabo nas plantas de tratamento de Nostián e Lousame; polo que –ante a falta de financiamento- parecen modelos a extinguir.

Así, o modelo que primará será o de separación en orixe ou separación selectiva, na que a fracción orgánica se deberá tratar de forma diferenciada da do colector xeral e as restantes fraccións en cadanseu colector

Así, o modelo que primará será o de separación selectiva en orixe, no que cada fracción a se deposita no colector correspondente, cartón e papel (colector azul), vidro (iglú verde) e envases, plásticos e bricks (colector amarelo), orgánica (colector marrón) e a resto no colector xeral.

Este modelo de tratamento, o modelo Sogama, é polo tanto o que está a defender a Unión Europea, que aposta pola separación dos residuos urbanos desde a orixe, de xeito que nas plantas de tratamento como a que existe no Complexo Medio Ambiental de Sogama só se valoriza a fracción resto.

Na actualidade, ao modelo Sogama están adheridos un total de 295 municipios que aglutinan a 2.242.000 habitantes.

- Publicidade -spot_img